- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2016
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-278-7
- Páxinas:
- 40
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Os contos do trasno
OS TRES PORQUIÑOS
BALLESTEROS, XOSÉ
Casa de palla, casa de madeira, casa de pedra e ladrillo... Diferentes materiais para tres porquiños ben distintos entre si -un moi preguiceiro, outro algo traballador e outro moi traballadorque, nembargantes, teñen unha cousa en común: o medo ao lobo.
Un conto popular inglés de estrutura repetitiva que invita a ler, contar, soprar e resoprar, nunha noite de inverno á calor do fogar; como fixeron os protagonistas cando venceron a adversidade.
"Os tres porquiños" evoca a evolución do ser humano, dende a inmadurez inicial ata a condición de adulto, coa aprendizaxe que conleva a superación dos problemas que se van presentando ao longo da vida. Os pequenos lectores serán quen de extraer as súas propias conclusións da historia.