- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-9995-380-9
- Páxinas:
- 34
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
PALETA PLANETA
CASTAÑO, YOLANDA
Yolanda Castaño e Xosé Tomás van un paso máis alá co seu último traballo conxunto, unha proposta tan artisticamente avanzada como Paleta Planeta. Antes do que imaxinado, este libro foi vivido ao longo das múltiples viaxes e experiencias dos seus autores. Tratan nel o universo das cores abordando as súas dimensións psicolóxica, física e cultural: atravesando a experiencia sinestésica e debullando as diversas capas de significado edúcase a sensibilidade visual, creativa e emocional.
Microhistorias nas que desaparecen os límites físicos da realidade: en cada unha destas composicións oníricas crean pequenos mundos autónomos capaces de reunir elementos tanxibles e intanxibles nun mesmo lenzo, mentres reflicten o seu amor á natureza, o pacifismo, o interese por outras culturas ou a súa paixón pola vida.
'Paleta Planeta' traballa o gusto polo xénero poético, a conexión entre as artes, un cosmopolitismo nada eurocentrista, a identificación das propias emocións e a súa expresión a través de linguaxes creativas.