- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2012
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-795-9
- Páxinas:
- 48
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO
LIONNI, LEO
...Un día, Mamá Azul díxolle: Teño que saír, agárdame na casa. Pero Pequeno Azul foi buscar a Pequeno Amarelo á casa de enfronte. A casa estaba baleira. ¿Onde estaría Pequeno Amarelo? Buscouno por todas partes... ata que, de súpeto, á volta da esquina ¡Alí estaba Pequeno Amarelo! Moi ledos, abrazáronse. Abrazáronse tan forte...
Cando lle preguntaron á ilustradora alemana Jutta Bauer polo libro Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, calificouno como a obra dun mestre. Leo Lionni empregou un sistema tan eficaz e sinxelo como uns anacos de papel e unhas poucas palabras, para contar unha historia entrañable. KALANDRAKA recuperou este conto maxistral que, malia remontarse a 1959, foi precursor na súa época e mantén aínda toda a súa vixencia. A historia destaca pola tenrura e pola orixinalidade da proposta plástica, en perfecta harmonía cun texto a base de frases simplese descritivas.
Dúas pequenas cores fúndense nun abrazo sen decatarse de que se converten nunha nova cor, o que fai que ninguén as recoñeza. As bágoas fanlles recuperar a súa forma orixinal, un descubrimento que celebran e comparten con todos os seus amigos. É así como, a partir de entón, xogarán a crear novas gamas cromáticas.
Baixo a aparente naturalidade deste relato subxace unha historia que enxalza a amizade, a inocencia, a identidade individual e colectiva; á vez que os primeiros lectores reciben unha lección artística sobre cores, tamaños e direccións. Aplicada a estes tempos, Leo Lionni transmite que non importan as diferenzas
entre as persoas cando o relevante é a solidariedade,
a comprensión e a convivencia