- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-19213-17-4
- Páxinas:
- 116
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa K
PROLETERKA
JAEGGY, FLEUR
Un grupo de turistas están a piques de embarcar
no Proleterka, un buque iugoeslavo atracado en Venecia
que iniciará en breve a singradura cara a Grecia.
Os últimos en cruzar a pasarela son unha adolescente
de quince anos e o seu pai. Entre ambos os dous
hai un distanciamento total, e ao mesmo tempo
un vínculo que se remonta a un escuro tempo remoto.
Durante a viaxe, a filla desexa saber algo máis sobre
Johannes, este home ao que apenas coñece, pero, sobre
todo, gustaríalle descubrir esoutra cousa ignota: a vida
como experiencia, ata agora só imaxinada dende dentro
dos muros do internado.
Delicada e precisa, Proleterka é unha novela breve sobre
a incerteza, o resentimento, a dor familiar e a
desconfianza, escrita cun estilo contido e sucinto,
pero tamén intenso e conmovedor. Foi galardoada
cos premios Donna Città di Roma e o Vailate Alberico Sala
en 2001, así coma os Viareggio e o Vittorini en 2002.