- Editorial:
- PATASDEPEIXE EDITORA, S.L.
- Ano de edición:
- 2021
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-946341-2-3
- Páxinas:
- 26
- Encadernación:
- Cartoné
QUEDA SITIO NA VASOIRA?
DONALDSON, JULIA
A bruxa vai toda contenta na súa vasoira co seu gato, ata que lle cae o lazo
da súa trenza entre as silvas. Aí comeza unha aventura que acabará liando a unha
paxara, unha ra, un can e un dragón nunha aventura trepidanet e fascinante por terra,
por mar e sobre todo, por aire. Este libro é unha mestura de aventuras, risas e nervios
nesta historia inesquecible de amizade, monstros e sobre todo, moita maxia!
Este libro, na liña do Grúfalo e A filla do Grúfalo,preséntanos unha aventura rimada e de carácter repetitivo e acumulativo. Este tipo de
lecturas estimulan a capacidade imaxinativa e de retentiva das pícaras e xeran unha fascinación e diversión ca lectura difícil de igualar. A impecable tradución é froito dun obradoiro de nove meses de duración feito entre tres tradutoras profesionais e once alumnas do IES Sta Irene de Vigo no curso 20-21. Recomendamos comparala con outras linguas para apreciardes o detalle, musicalidade e fermosura desta edición en
galego.