- Editorial:
- ALVARELLOS EDITORA, S.L.
- Ano de edición:
- 2019
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-16460-61-8
- Páxinas:
- 28
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Verdemar
QUERO PEIXE!
JÓNSDÓTTIR, ÁSLAUG
Quero peixe! é un conto islandés para nenas e nenos que saben o que queren. Escrito e ilustrado pola premiada autora Áslaug Jónsdóttir, narra a historia dunha nena que ten moi claro o que desexa, pero nin papá nin mamá semellan entendela. Un relato divertido e sinxelo creado para interactuar coas lectoras e lectores máis novos.
Mar ben sabe o que quere. Ela quere peixe! Papá e mamá cren saber o que pide Mar, e tráenlle xoguetes, roupa... e pensan que lle van gustar, pero Mar non quere iso. Ela quere peixe. Despois de moitas voltas e reviravoltas, mamá e papá entenderán por fin o que quere Mar e cociñan para ela o seu prato favorito.
Describe a vida cotiá dun matrimonio cunha filla. A nena, que aínda non sabe ler nin escribir, ten unha idea firme na cabeza: quere comer peixe, pero papá e mamá nin se imaxinan que iso é precisamente o que ela quere. Non a entenden, e tráenlle unha chea de cousas que ela non pedía.
A historia reflicte a frustración dunha nena cuxos pais non chegan a entender o que ela pide.
Ilustracións moi doadas e directas reforzan a comprensión das emocións da protagonista.
A obra revela, dun xeito divertido, a incapacidade ás veces dos adultos para escoitar ás crianzas e entender o que eles realmente desexan.