- Editorial:
- EDICIÓNS EMBORA
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-16456-97-0
- Páxinas:
- 102
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa
RATAS DE MANHATTAN
ÁLVAREZ, FRANCISCO (KOKI)
Galicia foi unha gran produtora de emigrantes e cadáveres. Eles son os protagonistas de Ratas en Manhattan, heroes correntes cunha identidade invisible, ocultada acotió por mor dos virus que borran a memoria. Emigración e naufraxio son experiencias que nos levan a un espazo fronteirizo, de loita pola supervivencia e de busca da felicidade. Nesta xeografía emocional, entre o apego e a perda, recon~e´cese o home no li´mite da condición humana. Esta paisaxe emocional é o territorio límite onde se sitúa Ratas en Manhattan. Esta obra enfía curtos relatos de ficcio´n nos cales a vida é vista coma un xogo de ruleta rusa no que a loita pola supervivencia, nun espazo desesperanzado no cal azoroñan as ratas, supón unha fuxida constante da morte.