- Editorial:
- A CENTRAL FOLQUE. CENTRO GALEGO DE MÚSICA POPULAR
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-949511-7-6
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Chave Mestra
ROMANCEIRO TRADICIONAL
BREVE ANTOLOGIA DAS RECOLHAS DO SEMINARIO MENÉNDEZ PIDAL NA GALIZA (1977-1983)
O Romanceiro, ese conxunto de poemas narrativos transmitidos oralmente, eríxese como representante ibérico da balada europea. Neste xénero se centra o filólogo José Luis Forneiro para afondar aspectos temáticos, de transmisión e particularidades dos romances galegos. No eido musical, o musicólogo Sergio de la Ossa elabora unha profunda análise, que nos achega, tamén auditivamente, aos aspectos que caracterizan o romanceiro.