
- Editorial:
- SUSHI BOOKS (RINOCERONTE)
- Ano de edición:
- 2023
- Materia
- Lectores avanzados, de 9 a 13 anos
- ISBN:
- 978-84-16884-65-0
- Páxinas:
- 190
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Intermedio
RONIA, A FILLA DO BANDOLEIRO
LINDGREN, ASTRID
A noite na que Ronia, a filla do bandoleiro, veu ó mundo, houbo unha tronada tan forte sobre as montañas que o castelo de Mattis quedou dividido en dúas partes, separadas por un precipicio. A súa vida transcorre nunha delas, coa única compaña do clan que lidera o seu pai. Cando se fai maior, comeza a explorar o mundo fóra do castelo e a marabillarse coa natureza.
Un día, o clan rival múdase á outra parte do castelo, e deste xeito Ronia coñece a Birk, o fillo do xefe, e buscarán superar os conflitos entre os dous grupos para salvar a súa amizade.