- Editorial:
- EDITORIAL ELVIRA, MUNDO DETRÁS DEL MARCO, S.L.
- Ano de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-128006-4-7
- Páxinas:
- 62
- Encadernación:
- Otros
- Colección:
- < Xenérica >
SAN MAURO. VOLVER, UN TANGO PONTEVEDRÉS
HISTORIAS PARA COÑECERMOS PONTEVEDRA, 8
CORBILLÓN, MERCEDES
Pola súa situación xeográfica e administrativa, Pontevedra sempre dependeu dunhas boas comunicacións para dar servizo á súa área metropolitana, e como capital, ao resto da provincia. Estas infraestruturas teñen carácter paradoxal, por unha banda, unen espazos xeográficos, mentres que, por outra, separan lugares con algún significado. A zona leste da cidade está a experimentar esta circunstancia por mor da liña férrea que une a vila do Lérez con Vigo e Compostela. Na actualidade, Pontevedra é a única grande urbe galega que gaña poboación de xeito constante, xa que logo, estase a expandir cara ao leste, até os barrios tradicionais da Parda e Valdecorvos en Mourente, sen esquecer Campolongo, no oeste. O reto no futuro será integrar eses barrios ao modelo urbano polo que aposta a cidade, centrado nas persoas e na calidade de vida, respectuoso co patrimonio cultural e natural das parroquias. Volver, un tango pontevedrés: Rosa é o nexo emocional que mantén vivo no tempo a sensación de estar en casa. Cando Ana sae da estación de tren para ver a súa nai, a única patria que recoñece de seu, rexorden lembranzas que ti