
- Editorial:
- OQO EDITORA
- Ano de edición:
- 2017
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-9871-541-5
- Páxinas:
- 40
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Colección O
TAM, TIM E TOM
MEZQUITA, ROBERTO
Tam, Tim e Tom...
que desastrados son!
O pequeno erguíase cedo e pasaba as mañás traballando no bosque; o mediano erguíase máis tarde e só coidaba da horta e das galiñas; o maior durmía ata que o corpo llo pedía e só se erguía para acender o lume e xogar...
A aparición do animal (un corvo) será decisiva para resolver unha situación tan incoherente, para que as augas volvan ao seu sitio, as actividades se organicen de forma razoable, e aínda quede tempo para o descanso e o lecer.
Un conto dos irmáns Grimm, que revela a importancia da aprendizaxe para a vida, redescubrendo o valor de compartir e colaborar nunha tarefa para un fin común, sexa na familia, na escola ou en calquera ámbito social.
O conto, que aborda un problema típico de calquera sociedade en calquera tempo e lugar, presenta ese proceso de maduración persoal que o lector debe comprender e afrontar.
O nivel de lingua é sinxelo, con períodos curtos e vocabulario comprensible, narrador en terceira persoa e desenvolvemento lineal do argumento centrado nos valores.
A adaptación é de Roberto Mesquita, un apaixonado pola palabra que convoca emocións e sorrisos,
cunha longa experiencia no mundo da narración oral e os contos... que en OQO tamén publicou O galo Traganoces e A vella na botella. As imaxes son de Paolo Domeniconi, tamén experimentado ilustrador italiano, autor de imaxes plenas de colorido, personaxes atractivos (os seus ollos son especialmente rechamantes), formas suaves e definidas, que chegan directamente ao lector. En OQO, Paolo tamén publicou Tonino.