- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Ano de edición:
- 2017
- ISBN:
- 978-84-16721-11-5
- Páxinas:
- 102
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Tambo (Poesia)
TEMPO TRANSFIGURADO
SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO
..No recordo do que non ten memoria
baixo forma de amor ningunha
pénsote e pérdome
no perfume
da flor de cera e de papel.
Bebo o teu orballo
e son as que fuches e por quen agardo
e non sei quen es nin desde cando.
(Schubert)
Con este libro o autor emprende - e convídanos a facela con el - unha viaxe arredorda música, unha arte fráxil mais tamén poderosísima. Unha arte, asemade, indócil á representación. Velaí, por tanto, a obriga de convocar alusións: os instrumentos (sen esquecer o primeiro deles, a voz humana), as obras que teceron e tecen a banda sonora da humanidade (ese ronsel de loairas), mesmo as biografías dos grandes compositores (un elenco ao servizo do milagre).
Todo iso, canda a pegada das persoas ás que o autor amou, e que quizais o amaron, fai deste un volume de sentimentos e sensacións que xa foron. É dicir, un volume de aceptación de orfandades, cando o amor debe existir mesmo xa sen amantes. Cando o camiño interiorse converte nunha aprendizaxe da soidade. Cando alguén desprega nos poemas todos os dispositivos dunha intelixencia introspectiva... É aí onde xorde o canto das sereas.