- Editorial:
- EDICIÓNS POSITIVAS
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-122421-9-5
- Páxinas:
- 74
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- O papel deo teatro
TERCEIRO ACTO
Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está,
ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida.
TERCEIRO ACTO é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a
memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.