- Editorial:
- SUSHI BOOKS (RINOCERONTE)
- Ano de edición:
- 2017
- ISBN:
- 978-84-15920-99-1
- Páxinas:
- 56
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
TODOS TERIAMOS QUE SER FEMINISTAS
NGOZI ADICHIE, CHIMAMANDA
O problema cos roles de xénero é que prescribe como teriamos que ser, no canto de recoñecer como somos. Imaxinade canto máis felices seriamos, canto máis libres de ser quen somos en realidade, se non soportásemos a carga das expectativas de xénero.
Chimamanda Ngozi Adichie demostra neste elocuente e perspicaz texto que ser feminista non é cousa só de mulleres. Neste libriño, a autora nixeriana ofrece unha definición singular do que significa ser feminista no século XXI, cun estilo claro e directo, sen deixar de lado o humor, ao tempo que dá pistas de como facer deste mundo un lugar máis xusto. Adichie recorre á súa experiencia persoal, como muller residente en Lagos, e a numerosas expresións da desigualdade de xénero que se poden ver aínda a día de hoxe en todo o mundo.