- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-8487-474-4
- Páxinas:
- 214
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
UNHA CORRENTE SALVAXE
HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA
DANS, RAÚL
Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención.
Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos dano. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden.
Antes de iniciar unha nova vida a carón dun home ao que non ama e co que aínda así vai casar, cómpre que Ana salde unha débeda co seu pasado. Este é o arranque d Unha corrente salvaxe, coa que o autor ganou o XXXVII Premi Born de Teatre 2012. Segundo os membros do xurado, a obra desenvolve un misterio moi logrado, e recrea diversas atmosferas de intriga e suspense, grazas á complexidade dos personaxes e das situacións e á axilidade dos diálogos.
En Historia dunha descoñecida, inquietante thriller psicolóxico, Adela apura os últimos días de setembro e da súa madurez na casa de veraneo que ten na praia mentres o seu home, escritor de éxito, lle pon fin á súa nova novela, sen saberen que está a piques de descubrirse o perturbador segredo sobre o que se sustenta o seu mundo.
Unha corrente salvaxe atrapa ao lector desde o inicio
, nunha dinámica que o vai ir sorprendendo a medida que avanza, e ao que non lle queda marxe para sequera tentar adiviñar o desenlace, habituado a que a páxina seguinte reconfigure a historia novamente (X. M. Eyré).
Unha corrente salvaxe ten recendos da mellor traxedia clásica
Unha auténtica bomba de reloxería
Todo un pracer lector do que non convén privarse (Armando Requeixo).