- Editorial:
- HÉRCULES EDICIONES
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-123211-7-3
- Páxinas:
- 352
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Sen fronteiras
UNHA EDUCACIÓN
WESTOVER, TARA
Tara Westover, que naceu nas montañas de Idaho no seo dunha familia de mormóns fundamentalistas cuxo obxectivo era prepararse para a chegada da fin do mundo, tiña dezasete anos a primeira vez que entrou nunha aula. A súa familia vivía tan illada da sociedade convencional que non había ninguén que se preocupase porque os fillos acudisen á escola nin ninguén que interviñese cando un dos irmáns máis vellos se volveu violento. Tras o ingreso doutro dos seus irmáns na universidade, Tara decidiu probar unha forma diferente de vivir. O interese polo coñecemento transformouna e levouna a cruzar océanos e continentes, a Harvard e á Universidade de Cambridge. Só entón se preguntou se non se afastara de máis, se aínda podería encontrar o camiño de regreso á casa.