- Editorial:
- LELA EDICIÓNS
- Ano de edición:
- 2017
- Materia
- Primeiros lectores, de 5 a 7 anos
- ISBN:
- 978-84-946043-3-1
- Páxinas:
- 32
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Mulleres Galegas
UNHA HISTORIA DE AMOR.
PEQUENA BIOGRAFÍA DE MARÍA VICTORIA MORENO.
LORENZO MONTERO, JOANNA
María Victoria Moreno ( Valencia de Alcántara, 1939- Pontevedra, 2005) foi profesora na secundaria e escritora en lingua galega. Empregando as súas propias palabras, a súa opción polo galego foi unha historia de amor. Dedicouse principalmente á literatura infantil e xuvenil e exerceu como profesora de ensino secundario en varios institutos. Deste xeito, ensinou a toda unha xeración de mozas e mozos a amar a vida, a literatura, e a levar adiante os proxectos máis fermosos. E sempre dende unha visión comprometida, divertida e apaixonada.
A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua
é simplemente unha historia de amor.
María Victoria Moreno.
Discurso pronunciado en 1993 no Congreso de Poetas alófonos en lingua galega.