
- Editorial:
- CONSELLO DA CULTURA GALEGA
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-17802-69-1
- Páxinas:
- 100
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
UNOS AÑOS DE EMIGRACION EN BUENOS AIRES
SANCHEZ ABAL, LUIS
Unos años de emigración en Buenos Aires (1917) constitúe a primeira obra en prosa de Luis Sánchez Abal.
Encadrábel no xénero da novela de quiosco, e con claras inspiracións autobiográficas, descríbese nela a andaina vital dun novo inmigrante, Aurelio Monterrey, quen traballa primeiro no comercio e despois tenta conseguir un oco no panorama literario e xornalístico. Conforme coñece a sociedade porteña e a colectividade galega, desenvolve unha postura crítica cara aos inmigrantes e as súas asociacións e festas, e experimenta unha fonda desilusión coas súas expectativas primixenias. Ao final, Aurelio decide voltar a Galicia, non sen un pouso de señardade polos seus anos de formación vital na metrópole austral.