- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2014
- Materia
- Lectores avezados, de 13 endiante
- ISBN:
- 978-84-9914-624-9
- Páxinas:
- 256
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Milmanda
VAPOR
TOBERY, LEA / TOBARUELA, PERE
Helena ten 19 anos e hai un sufriu un terrible accidente de avión. Só ela sobreviviu. A partir dese tráxico suceso, a súa vida cambiou por completo. Ela, unha persoa alegre, empezou a amosar bruscos cambios de humor. O seu presente é de cor negra: case sempre está abatida, irascible ou triste. E, a miúdo, séntese vapor: coma se transitase entre a realidade e a irrealidade. Desde o accidente, a súa existencia está estreitamente vinculada a un segredo. Ela e o seu segredo son inseparables. Algo inconfesable ocorreu naquel avión sinistrado.
¿Que foi o que pasou?
¿Por que só se salvou Helena?
¿Cal é o seu segredo?
Vapor comeza no momento en que Helena decide coller folgos e confesarlle todo a Nathan, o seu mozo. Pero non recibe a resposta agardada: sae correndo e déixaa plantada. Ela derrúbase e séntese, máis ca nunca, vapor. Está farta. Por moito que o intenta, non consegue encontrar nin unha pequena luz que a guíe entre as tebras que tinguen a súa vida. Unha vida que Helena desexaría pintar de verde, a cor da esperanza.