
- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-9151-961-4
- Páxinas:
- 334
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Memoria histórica
VIVIR E MORRER POLA CAUSA. BIOGRAFÍA DE JOSÉ GOMÉZ GAYOSO
José Gómez Gayoso (Maceda, 20-IX-1910 Campo da Rata (A Coruña), 6-XI-1948) foi un loitador político que tivo que vivir nun tempo ateigado de adversidades e definido polos horrores da represión extrema da Ditadura. En Vivir e morrer pola causa, Carlos Portomeñe ofrécenos, en palabras de Xesús Alonso Montero, unha biografía moi completa e excelentemente contextualizada dunha figura cunha vida verdadeiramente heroica, se por heroísmo entendemos entregar a existencia a unha causa pública e nobre, completada coa súa correspondencia con Concha Abad, que axuda ao coñecemento dun persoeiro cunha vida digna de novelar.