0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : POESIA 51 resultados

  • DE CATRO A CATRO
    DE CATRO A CATRO
    MANUEL ANTONIO
    Publicado en 1928, «De catro a catro», de Manuel Antonio, é un dos libros máis abraiantes da literatura galega e converteu o seu autor nun referente ineludible das vangardas europeas. Manuel Antonio asumiu a vangarda como a única posibilidade de escribir poesía no seu tempo e, en palabras de X. L. Méndez Ferrín, humaniza os seus poemas a partir dunha «profunda vivencia do mar, ...
    En stock

    9,95 €

  • INTIMIDACIÓN
    INTIMIDACIÓN
    COLECTIVO MAIAKOVSKI
    Que nos intimida ante o que vai acontecer? Que medo acirra os latexos dos nosos corazóns? Que alento xélido lambe as nosas calugas? Que parálise eiva os nosos espíritos para que non se desanoen en liberdade? Que veleno empezoña o fluír axitado do noso sangue? Que nos detén, arrepiados, diante dos espellos? Que ameaza o futuro, cada intre do futuro? A intimidación converteuse no...
    En stock

    12,95 €

  • ALCATRÁN
    ALCATRÁN
    ABALDE COVELO, MARCOS
    «Alcatrán» reconstrúe unha historia calada. Sela un pacto entre xeracións. Indaga nunha lingua fesa que dá espazo ao cuco e ao andazo. Habita unha comarca que non confunde o exterminio co progreso. Desprega unha constelación de supervivencias, case unha promesa de futuro. Íntima e tan fráxil, esta epopea. ...
    En stock

    14,50 €

  • OS PAXAROS E OUTROS POEMAS
    OS PAXAROS E OUTROS POEMAS
    SALGADO, DANIEL
    «Os paxaros e outros poemas» é unha indagación e un dó, unha elexía e un axuste de contas, un pasmo e unha luz ferida. A escrita detense na materia. Trata da lama e do dereito á beleza. Investiga a textura interna da castaña e a absurda variación da morte. Hai política, sempre hai política, e un catálogo de paxaros, porque así se comprende mellor o delicado transo en que nos at...
    En stock

    14,50 €

  • ÓRBITA
    ÓRBITA
    DO AR, LARA
    " Órbita " recolle as voltas da intimidade contra o Universo, o baile que non se deixa guiar, implacable. As viraxes dunha década peneirando a luz ata o punto certo. Afiando a lixa para queimar o veo. Nunha orde inversa, móstranos a translación da identidade, a dixestión das estacións para liquidar as estrelas. ...
    En stock

    14,50 €

  • ONDE NACEN AS HEDRAS
    ONDE NACEN AS HEDRAS
    VARELA, ANA
    " Onde nacen as hedras " é un libro que agroma dun derrubamento e constrúe a cartografía dunha caída, do proceso de perda e abandono. Os poemas sitúannos no lugar do oráculo que todo o ve, desde os sinais que anuncian a primeira fenda até que nos asomamos ao oco, a ruína mesma. Alí, onde nacen as hedras que cosen a memoria e terman da palabra, fica só o poema como testemuño do...
    En stock

    14,50 €

  • SANDALIAS VERDES, ZAPATOS AZUIS E CANS NEGROS
    SANDALIAS VERDES, ZAPATOS AZUIS E CANS NEGROS
    G. REGO, PILAR
    Os versos de Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros flúen do goce do tempo, da luz nas pernas, das cicatrices xusto onde agroma a vida, do niño esfiañado e do adeus. Hai que descalzarse para transitar pola propia vida. Só ti podes arrastrar a túa armadura e acostumarte a vivir cos cans negros pegados ás pernas. Hai que aprender das árbores e pasar ao próximo anel, físgoa...
    En stock

    14,50 €

  • FORNELOS & FORNELOS: TERCEIRA FUNDACIÓN
    FORNELOS & FORNELOS: TERCEIRA FUNDACIÓN
    QUINTIÁ, XERARDO
    A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega, Xerardo Quintiá ofrece en Fornelos & Fornelos: terceira fundación un poemario entendido como unha proposta aberta, non pechado en si mesmo, que se revela como o fragmento dun corpo poético concibido como Obra Única. Aquí, a palabra procura redimir os espazos fí...
    En stock

    14,50 €

  • ROSALÍA FEMINISTA
    ROSALÍA FEMINISTA
    CASTRO, ROSALIA DE / GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, HELENA
    A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á vella...
    En stock

    14,50 €

  • TRANSMATRIA
    TRANSMATRIA
    ASOREY, DANIEL
    Transmatria é un libro contundente, comprometido, con versos que agroman do corpo e da súa capacidade transformadora. Os seus poemas constrúen unha escrita a favor da dignidade, das identidades sexuais e de xénero, empregando unha lingua que quere renacer, renovarse e ser libre. Este libro de Daniel Asorey Vidal abre un espazo sen muros, pon en valor a sociedade desposuída e ba...
    En stock

    14,50 €

  • CORPO
    CORPO
    LOPO, ANTÓN
    « " Corpo " é unha obra onde poesía, amor, sexo e morte conflúen na noda dunha escrita limpa e impactante. Concibido como unha serie de suites que poden visualizarse a modo de performance, este libro asombroso transita por paisaxes de fisicidade marítima e xeografía literaria, ofrecéndolles aos lectores chiscadelas de xogos reflexivos e concupiscencia. " Corpo ...
    En stock

    14,50 €

  • TERRAZA
    TERRAZA
    ALONSO, FRAN
    Un home contempla a vida e o paso do tempo desde a terraza dun bar e escribe poemas mentres toma un café. Pero a vida -e o tempo-, coma un agromo que se renova cada día, nunca se detén, nin nas miradas extraviadas dos perdedores, nin na arrogancia indomable dos adolescentes, nin no narcisismo fetichista das redes sociais, nin na estrañeza das avestruces que se ocultan, nin na a...
    En stock

    14,50 €

  • O CUARTO DAS ABELLAS
    O CUARTO DAS ABELLAS
    OTERO, ANTÍA
    Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai ecoar, nas celas da memoria, o misticismo indomábel de Emily Dickinson: «A morte ?escribiu ela nunha carta? é inofensiva, coma unha abella, agás para aquelas que corren.» " O cuarto das abellas " é unha abellariza de palabras, unha estrutura pechada e inquietant...
    En stock

    14,50 €

  • A BOCA DA TERRA
    A BOCA DA TERRA
    RIVAS, MANUEL
    A d´A boca da terra é unha poesía de natureza insurxente. Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruínas e aluca, sentinela, o pasar dos camiños. Lembra e soña: corren por estes eidos cabalos de cores insubmisas, a liña do horizonte está á espreita dun temporal de bolboretas. Esa natureza insurxente abrangue as perso...
    En stock

    15,50 €

  • HABITAR AS FENDAS
    HABITAR AS FENDAS
    MATO, GISELE
    «Habitar as fendas» é unha reflexión sobre a vulnerabilidade propia á existencia humana. Interpela a quen le confrontándoo a unha violencia incómoda e ás distintas capas do sufrimento. Tece un diálogo que nace do individual e se proxecta cara ao colectivo, dando voz ás desposuídas, ás que viven nas marxes e loitan por seguir camiñando na superación do abandono e dos múltiples d...
    Disponible en 1 semana

    12,95 €

  • SONORA
    SONORA
    PATO, CHUS
    «Sonora» é unha conversa entre o poema e a morte. Sonoro é o ollo do lago: algo cae e produce nove acordes, nove ondas no fulgor da noite. Sonora é a alianza que se herda, o anel que grava o nome na cara interna do metal. Sonoro é o coito, a éxtase. Sonora, a orfandade materna que sitúa a escrita deste libro na rompente da estirpe. ...
    Reimpresión

    12,95 €

  • ULTRALUZ
    ULTRALUZ
    COSTAS, LEDICIA
    «Ultraluz» é un bosque que alberga as criaturas máis escuras. O universo particular da autora estoupa nestes versos onde a infancia se abre paso entre a fantasía, o asombro e a morte. Con esta obra, Ledicia Costas gañou o XX Premio Afundación de poesía. ...
    Disponible en 1 semana

    12,95 €

  • MATERIA
    MATERIA
    CASTAÑO, YOLANDA
    Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade se tratan nesta poderosa proposta...
    Disponible en 1 semana

    13,50 €

  • NEGRAS
    NEGRAS
    ASOREY, DANIEL
    A morte é un proxecto político, asegura a cita de Lupe Gómez que abre as páxinas de «Negras». Nestes versos penetrantes escóitase como disparan ás negras detrás dos supermercados e como prenden lume á lingua que avivece a gheada. A cor escura das vítimas hase enfrontar á violencia que o capital exerce sobre elas, pobres, perdedoras, cheirentas, miserables. Son, todas, negras. N...
    Disponible en 1 semana

    13,50 €

  • NÓS NUS
    NÓS NUS
    NOVO, OLGA
    «Nós nus», é unha mestura de líquidos íntimos que tiran do poema coma dun becerro. Os deste libro son versos que levan o erotismo do corpo, do sacho e do alpendre no seu útero de bruxa. A autora abriu as coxas e pariu a verba. ...
    Reimpresión

    13,50 €

  • LIXEIRO
    LIXEIRO
    RAMOS, ISMAEL
    «Lixeiro», o terceiro libro de Ismael Ramos, é unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega. A precariedade, a amizade no transo á idade adulta, unha parella que se desintegra, unha irmá que medra, lebres que cruzan a estrada sen mirar, traballadores en barco, tren, autobús... Todos eles atravesan este poemario, que foxe coma un...
    Disponible en 1 semana

    12,95 €

  • DENUNCIA DO EQUILIBRIO
    DENUNCIA DO EQUILIBRIO
    ARIAS, XELA
    «Denuncia do equilibrio», publicado en 1986 a contracorrente da poesía galega daquel momento, é un libro rabiosamente contemporáneo. Cuestiona a orde establecida, afonda con inquedanza na voz interior dunha poeta orixinal e libre e transmite, desde a propia sintaxe, o desacougo da vida cotiá, das emocións e do amor. Este primeiro libro de poemas de Xela Arias dá conta do arreba...
    Disponible en 1 semana

    12,95 €

  • DENTE DE LEITE
    DENTE DE LEITE
    NOGUEIRA, ARANCHA
    dente de leite é ante todo un libro nostálxico, sobre a inocencia perdida, que parte do recordo dun verán na infancia. O cotián, desde a tenrura e a lucidez dunha nena, vai amparado na figura totémica da nai, omnipresente no proceso de aprendizaxe da cativa, malia que no futuro a lembranza converte a nai nunha estraña, como case todo o que poboaba a nenez. En dente de leite, am...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • NINGUÉN MORREU DE LER POESÍA
    NINGUÉN MORREU DE LER POESÍA
    ALDAOLADO
    Ninguén morreu de ler poesía é unha instantánea do país da poesía, unha postal, unha guía de viaxes, un souvenir, un «estiven en Aldaolado e acordeime de ti». Pégao na porta do frigorífico. Técelle un tapete de fío e pono derriba da tele. ...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • AS BOLBORETAS DO MEKONG
    AS BOLBORETAS DO MEKONG
    SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO
    No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm.Coas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga... ou Sabra e...
    Disponible en 1 semana

    20,50 €

  • O XIRO
    O XIRO
    GÓMEZ, NOELIA
    Este libro debúxase no aire cos arames que forman o tramado do coñecido, e vólvese estraño a causa do movemento. Coma unha escultura de Calder, Noelia Gómez bota man de cores primarias dándolles forma e fondo ata facelas xirar serpentinas. Poemas de lugar ensamblados pola presenza do corpo e a procura de paisaxes onde enmarcar a identidade.O xiro é o primeiro poemario dunha au­...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • GALICIA EN BUS
    GALICIA EN BUS
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    " Galicia en bus " é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo. Este libro, co que a escritora María Reimóndez gañou a XX edición do Premio Johan Carballeira do Concello de Bueu, afonda na identi...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • SOÑOS. ARQUIVOS. CARTAS
    SOÑOS. ARQUIVOS. CARTAS
    MARÍA DO CEBREIRO
    " Soños. Arquivos. Cartas " é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. " Soños. Arquivos. Car...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • LONG PLAY
    LONG PLAY
    " Long Play " soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de " jukebox de autoxeografía " . Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canc...
    Disponible en 1 semana

    18,95 €

  • BEIXOS DE LINGUA
    BEIXOS DE LINGUA
    BARREIRO, PACO
    Os fonemas bulen, choutan de palabra en palabra. A palabra préndeos e a propia acción da apropiación ten consecuencias, crea o ser, o significado. E nace o xogo, neste caso o palíndromo «o ser para preso». Este libro é a consecuencia de xogar co xugo dos fonemas, o son da lingua. «Cando apreso fonemas non só teño unha presa, a palabra; tamén aprendo, conformo ideas e recibo o b...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €


01 02