- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-1110-561-3
- Páginas:
- 84
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- POESIA
HABITAR AS FENDAS
MATO, GISELE
«Habitar as fendas» é unha reflexión sobre a vulnerabilidade propia á existencia humana. Interpela a quen le confrontándoo a unha violencia incómoda e ás distintas capas do sufrimento. Tece un diálogo que nace do individual e se proxecta cara ao colectivo, dando voz ás desposuídas, ás que viven nas marxes e loitan por seguir camiñando na superación do abandono e dos múltiples desencontros.
A vida habita nas fendas, nesas feridas apenas cicatrizadas. A luz da resiliencia ábrese paso nos intersticios, conéctanos co presente e coas demais, nunha rede que nos sostén sobre o abismo.
Ás veces, contra todo prognóstico, a luz abrolla despois de abandonar todas as nosas loitas.