0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : SOPA DE LIBROS (G) 62 resultados

  • DEUS SALVE AS RAÍÑAS
    DEUS SALVE AS RAÍÑAS
    COSTAS, LEDICIA
    A señorita Bubble recibe unha carta de Isabel II e ten que viaxar de inmediato ao Palacio de Buckingham. A raíña está en problemas: hai unha invasión de ratas na cidade de Londres. Conseguiron entrar no palacio e roubaron unha das pezas máis valiosas da colección de Isabel II. Os roedores actúan baixo as ordes de Jack White, un cazador de ratas que conseguiu adestralas coa inte...
    En stock

    12,95 €

  • DONA PROBLEMAS
    DONA PROBLEMAS
    EL HEMATOCRÍTICO
    A Carlota todo o mundo a coñece como «Dona Problemas», porque se dedica a resolver os incidentes que padecen os alumnos e alumnas do seu colexio: unha mochila estragada por un iogur que se derramou dentro, un cromo que non se dá conseguido ou un veciño que escoita a tele a todo volume e non deixa durmir. Non hai nada que se resista aos recursos e ao enxeño de Carlota e do seu a...
    En stock

    12,50 €

  • NOGARD
    NOGARD
    ALEIXANDRE, MARILAR
    «Nogard era un dragón que tiña todo do revés e, no canto de lume, botaba auga pola boca...» Cando Celia comeza a inventar esta historia para os seus sobriños non sabe como acabará. Tampouco sabe que ela mesma se verá arrastrada pola irmandade dos ratos a desafiar o Papapalabras, o monstro que devora palabras, na procura da chave do gardaestrelas. Unha aventura trepidante polo p...
    En stock

    13,50 €

  • TRECE AVISOS
    TRECE AVISOS
    CARBALLEIRA, PAULA
    O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos. Estes contos son para ler de noite, se te atreves. ...
    En stock

    13,50 €

  • INSTRUCIÓNS PARA LER ESTE LIBRO
    INSTRUCIÓNS PARA LER ESTE LIBRO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ANXO
    Narrador: «Non podo contarche de que vai este libro. Non insistas. De calquera xeito, aínda que o fixese sería inútil. Vas ler o libro, é o teu destino». Demo Maior: «Benvida, alma, ao comezo dunha nova existencia. Déixate levar pola luz das ilustracións. Nada tes que temer». Eles non queren que se saiba, pero estás ante unha orixinal homenaxe aos personaxes da mitoloxía fantás...
    En stock

    12,50 €

  • UNHA ABELLA MÁXICA NO CAMIÑO
    UNHA ABELLA MÁXICA NO CAMIÑO
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Nunha encrucillada de camiños Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia de Daniel, un neno que quere ser superheroe. Unha tarde sae á rúa en busca de aventuras coa súa capa e cun colgante en forma de sol. Non imaxina que está a piques de comezar unha viaxe emocionante ao lado de Virxilia, a nena de Vila Ambrosia. O mundo das abellas máxicas de Eiramae está en perigo, pe...
    En stock

    12,50 €

  • MAXIA DE PEDRA
    MAXIA DE PEDRA
    DOMÍNGUEZ, XABIER / DE EVAN, ALBA
    Uns restos arqueolóxicos de orixe galega que se atopan en Roma son roubados cando viaxan de volta a Galicia. Anxela, unha nena de 12 anos, atopa un gato de tres colas, con poderes máxicos, que é exactamente igual ao que estaba gravado no petróglifo roubado. De onde procede ese gato? Como puido chegar ata unha necrópole romana? Que interese hai detrás do roubo?Unha novela de max...
    En stock

    13,50 €

  • DOUCHE A MIÑA PALABRA
    DOUCHE A MIÑA PALABRA
    ALONSO, FRAN
    Como se chega a ser escritora ou escritor? Por que se escribe? Pódese vivir sen ler? Pódese aprender a pensar a través da lectura? As palabras poden proer, picar, denunciar as inxustizas, resultar molestas e incómodas. Tamén poden facernos reaccionar. Os escritores e escritoras pelexan coas palabras, míranlles as patiñas nun microscopio e constrúen historias. Cunha linguaxe com...
    En stock

    12,50 €

  • ANTÍA E DAREN
    ANTÍA E DAREN
    ALVITE, VALENTÍN
    O xefe de policía Rigoberto Raposo leva anos agardando que se cometa un delito na tranquila vila de Uz para demostrar o seu mérito e, por fin, chega a ansiada oportunidade: a bibliotecaria Severiana Pratas denunciou o roubo duns valiosos torques. O xefe de policía xa soña cun ascenso. O que non sabe é que dous rapaces, Antía e Daren, tamén están facendo as súas propias pescudas...
    En stock

    13,50 €

  • VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO
    VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Nestes poemas escóitase o vento que percorre diferentes ambientes e mundos: o mar, o sol e as estrelas, as follas das árbores, as flores e as abellas, os nenos e as nenas. Ventos falangueiros, mentireiros, bailadores; ventos de berce e de aloumiño; ventos magos; ventos e ventiños; ventos a durmir, contadores de estrelas; ventos lacazáns, fungóns, peregrinos, latriqueiros; vento...
    En stock

    12,50 €

  • A NENA, O MONSTRO E O MAR
    A NENA, O MONSTRO E O MAR
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar ata alí. Fálalle da terrible condición que o monstro lle esixe a quen queira atravesar o muro. Gran Gogol escoita con atención, porque se cadra iso é o mellor que pode facer algué...
    En stock

    12,50 €

  • OS GRITOS DAS ILLAS LOBEIRAS
    OS GRITOS DAS ILLAS LOBEIRAS
    CORTIZAS, ANTON
    Lino sufriu un ataque de poliomielite e por iso non puido ser mariñeiro. Pero o mar soñado será o escenario da súa aventura, cando descobre as aves que voan cara a atrás e que existe o misterio das illas Lobeiras: un lugar que non recollen os mapas e que só poden ver as persoas coñecedoras do seu segredo. ...
    En stock

    13,50 €

  • ORESTES PERDE O SENTIDO!
    ORESTES PERDE O SENTIDO!
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño. A partir dese momento, Orestes inicia unha disparatada carreira seguindo o rastro da súa irmá polas rúa...
    En stock

    13,50 €

  • MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST
    MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST
    MISA, IRIA
    Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo...
    En stock

    13,50 €

  • A PORTA DOURADA
    A PORTA DOURADA
    DE TORO, XELIS
    O meu pai é escritor coa cabeza e mecánico coas mans. Aínda que o que máis lle gusta é ser pescador, pero só co corazón, porque nunca lle vin pescar nada. Eu son filósofa, unha filósofa pequena, e esta historia que comeza como acaba é un remuíño acuático de peixes con perruca e sereas saudosas que brillan como estrelas. ...
    En stock

    13,50 €

  • STREET POEMS
    STREET POEMS
    ALONSO, FRAN
    Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da " street art " . Este é un libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela ...
    En stock

    11,50 €

  • ESCAQUIS E ROMEU
    ESCAQUIS E ROMEU
    FRAGA, ANTONIO MANUEL
    «É coma un neno», dicían de Romeu os seus coñecidos, pois se algo caracterizaba o vello barbeiro era a súa inocencia. A vida de Romeu transcorría tranquila, entre cortes de pelo, barbeados e lecturas na compaña das plantas da súa galería. Mais unha noite de treboada Escaquis apareceu misteriosamente para poñer patas arriba a súa existencia. Esta estraña nena contaba cun poder m...
    En stock

    11,50 €

  • POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS
    POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS
    ALONSO, FRAN
    ?Poemas birollos para ler cos ollos? é un libro de poesía infantil que parte dunha concepción lúdica, divertida e transgresora da poesía. Os poemas nacen de dúas fontes fundamentais: a poesía visual e a oralidade. Botando man do elemento gráfico para facer que os poemas se lean coma se fosen cadros e buscando a complicidade das cancións infantís, dos arrolos e das sortes, Fran...
    En stock

    11,50 €

  • FELIZ FEROZ. O LOBIÑO RIQUIÑO
    FELIZ FEROZ. O LOBIÑO RIQUIÑO
    EL HEMATOCRÍTICO
    A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños? Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo de ...
    En stock

    15,95 €

  • O SEGREDO DA ILLA NEGRA
    O SEGREDO DA ILLA NEGRA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Sara vive nunha aldea da beiramar, onde a pesca é o único medio de vida. Un día os barcos comezan a vir baleiros, só hai peixes nas proximidades da Illa Negra, onde habita unha cruel Serea. Uriel, o irmán de Sara, vai botar as redes nesas augas e alí cae prisioneiro da Serea. Entón Sara decide navegar ata a illa para liberar a Uriel, coa única axuda de tres buguinas máxicas. ...
    En stock

    11,50 €

  • O RAPOSO E A MESTRA
    O RAPOSO E A MESTRA
    RIVAS, MANUEL
    O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ao afundirse no mar, despedindo o día. ...
    En stock

    11,50 €

  • CIDADES
    CIDADES
    ALONSO, FRAN
    Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbren...
    En stock

    9,95 €

  • RECENDOS DE AIRE SONORO
    RECENDOS DE AIRE SONORO
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    En Recendos de aire sonoro as notas musicais e as palabras danse a man e camiñan xuntas polos vieiros que trazan os versos. Nos seus poemas ecoa o violín, treme a arpa, percute o timbal, láiase a gaita, Beethoven saúda a Bob Dylan mentres berran as guitarras de rock e a orquestra se despista. Un libro para ler cos cinco sentidos.As dúas paixóns de Antonio García Teijeiro, a mús...
    En stock

    11,95 €

  • NO CORAZÓN DO BOSQUE
    NO CORAZÓN DO BOSQUE
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso. Explorando as ruínas dun mosteiro abandonado, e adentrándose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise agotada para a cama. Entón escoitou uns ruídos que ...
    En stock

    9,95 €

  • A LAGOA DAS NENAS MUDAS
    A LAGOA DAS NENAS MUDAS
    CASALDERREY, FINA
    Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peiténase coma ela?, son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda. Pero Ío desaparece misteriosamente.A ...
    En stock

    9,95 €

  • OS NOSOS VERSOS
    OS NOSOS VERSOS
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Poemas escritos para denunciar inxustizas, iluminar sombras, reivindicar vellos soños, expresar amor ou desamor, recrear lembranzas de infancia ou plasma-lo estado de ánimo en relación coa paisaxe, que invitan ó lector a comparti-lo arraigamento das terras gallegas e o sentir das súas xentes, a segui-los pasos de todos aquelos que fixeron da poesía un xeito de vida. ...
    En stock

    9,95 €

  • O CAN INFLUENCER
    O CAN INFLUENCER
    COSTAS, LEDICIA
    Curriño non necesita presentación: é o can máis famoso de Internet! E o máis lindo, obviamente. Seguro que ti xa o segues en todas as súas redes. Vive a corpo de rei, faltaría máis! Dorme na cama da súa humana, aliméntano con penso de importación e acicálano tres veces por semana. O que merece unha estrela coma el, vaia!Por desgraza, Curriño está a piques de descubrir que a vid...
    Disponible en 1 semana

    10,95 €

  • CARAMOMIA
    CARAMOMIA
    COSTAS, LEDICIA / LADO, MARÍA / LANDESA, DANIEL / EL HEMATOCRÍTICO
    O aburrimento entrou de cheo nas vidas de Roque, Mafalda, Mabel e Brando xogándolles malas pasadas. Están empezando a ver cousas moi estrañas no barrio. É posible que a súa veciña sexa algo máis ca unha anciá encantadora? Será certo que garda relación cos misteriosos roubos que se están producindo na cidade?O Hematocrítico, María Lado, Daniel Landesa e Ledicia Costas uníronse p...
    Disponible en 1 semana

    12,95 €

  • ALMA DE ELEFANTE
    ALMA DE ELEFANTE
    MACEIRAS, ANDREA
    Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a velliña Champey. A Suy parécelle imposible: el é máis forte e sempre coidou da súa irmá xemelga. Lawen é distinta das outras nenas: cústalle expresar os seus sentimentos e ponse nerviosa coas situacións novas. El debería ser o elefante! Pero ás veces as cousas non son o que parecen. Ás veces os...
    Reimpresión

    12,50 €

  • O XENIO DA CIDADE DO SAL
    O XENIO DA CIDADE DO SAL
    CASALDERREY, FINA / SOTO, LUIS G.
    «Se che contan que estou tolo, que me divirte moito falar de porcalladas escatolóxicas, ou se che din que me pega a risa por calquera parvada, non lles fagas caso, caca podre! Simplemente, son un xenio.» Ese xenio é Mozart e ten 12 anos en 1768. Con este relato de misterio e aventura, Fina Casalderrey proponnos coñecer a figura do xenial compositor a través dunha viaxe polo Cam...
    Reimpresión

    14,50 €


01 02 03