0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : SOPA DE LIBROS (G) 65 resultados

  • O ENIGMA DE SEMPREVIVA
    O ENIGMA DE SEMPREVIVA
    MACEIRAS, ANDREA
    Senda múdase cos pais á pequena aldea de Sempreviva. O matrimonio de biólogos vai estudar a zona porque está tan contaminada que non medra nada en toda a contorna. A nena queda moito tempo soa na vella escola onde viven, coa única compaña de Sentinela, a súa asistente virtual. Un día decátase de que no patio agromou un pequeno brote verde. Decide facerse cargo del e así atopará...

    12,95 €

  • ESCOLA DE BRUXAS
    ESCOLA DE BRUXAS
    CANOSA, MARIA
    Mencía comeza un novo curso na escola paraperfeccionar as súas técnicas de maxia e meigallos rodeada doutros nenos bruxose nenas bruxas. Nunca antes vira tantos compañeiros xuntos. E nunca se sentiratan soa e diferente... Tanto, que pensou que o de ser bruxa non era o dela. Peronon hai nada que se resista ao seu esforzo e a unha boa amizade. ...

    12,95 €

  • O CAN INFLUENCER
    O CAN INFLUENCER
    COSTAS, LEDICIA
    Curriño non necesita presentación: é o can máis famoso de Internet! E o máis lindo, obviamente. Seguro que ti xa o segues en todas as súas redes. Vive a corpo de rei, faltaría máis! Dorme na cama da súa humana, aliméntano con penso de importación e acicálano tres veces por semana. O que merece unha estrela coma el, vaia!Por desgraza, Curriño está a piques de descubrir que a vid...

    10,95 €

  • CARAMOMIA
    CARAMOMIA
    COSTAS, LEDICIA / LADO, MARÍA / LANDESA, DANIEL / EL HEMATOCRÍTICO
    O aburrimento entrou de cheo nas vidas de Roque, Mafalda, Mabel e Brando xogándolles malas pasadas. Están empezando a ver cousas moi estrañas no barrio. É posible que a súa veciña sexa algo máis ca unha anciá encantadora? Será certo que garda relación cos misteriosos roubos que se están producindo na cidade?O Hematocrítico, María Lado, Daniel Landesa e Ledicia Costas uníronse p...

    12,95 €

  • DEUS SALVE AS RAÍÑAS
    DEUS SALVE AS RAÍÑAS
    COSTAS, LEDICIA
    A señorita Bubble recibe unha carta de Isabel II e ten que viaxar de inmediato ao Palacio de Buckingham. A raíña está en problemas: hai unha invasión de ratas na cidade de Londres. Conseguiron entrar no palacio e roubaron unha das pezas máis valiosas da colección de Isabel II. Os roedores actúan baixo as ordes de Jack White, un cazador de ratas que conseguiu adestralas coa inte...

    12,95 €

  • DONA PROBLEMAS
    DONA PROBLEMAS
    EL HEMATOCRÍTICO
    A Carlota todo o mundo a coñece como «Dona Problemas», porque se dedica a resolver os incidentes que padecen os alumnos e alumnas do seu colexio: unha mochila estragada por un iogur que se derramou dentro, un cromo que non se dá conseguido ou un veciño que escoita a tele a todo volume e non deixa durmir. Non hai nada que se resista aos recursos e ao enxeño de Carlota e do seu a...

    12,50 €

  • ALMA DE ELEFANTE
    ALMA DE ELEFANTE
    MACEIRAS, ANDREA
    Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a velliña Champey. A Suy parécelle imposible: el é máis forte e sempre coidou da súa irmá xemelga. Lawen é distinta das outras nenas: cústalle expresar os seus sentimentos e ponse nerviosa coas situacións novas. El debería ser o elefante! Pero ás veces as cousas non son o que parecen. Ás veces os...

    12,50 €

  • NOGARD
    NOGARD
    ALEIXANDRE, MARILAR
    «Nogard era un dragón que tiña todo do revés e, no canto de lume, botaba auga pola boca...» Cando Celia comeza a inventar esta historia para os seus sobriños non sabe como acabará. Tampouco sabe que ela mesma se verá arrastrada pola irmandade dos ratos a desafiar o Papapalabras, o monstro que devora palabras, na procura da chave do gardaestrelas. Unha aventura trepidante polo p...

    13,50 €

  • TRECE AVISOS
    TRECE AVISOS
    CARBALLEIRA, PAULA
    O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos. Estes contos son para ler de noite, se te atreves. ...

    13,95 €

  • INSTRUCIÓNS PARA LER ESTE LIBRO
    INSTRUCIÓNS PARA LER ESTE LIBRO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ANXO
    Narrador: «Non podo contarche de que vai este libro. Non insistas. De calquera xeito, aínda que o fixese sería inútil. Vas ler o libro, é o teu destino». Demo Maior: «Benvida, alma, ao comezo dunha nova existencia. Déixate levar pola luz das ilustracións. Nada tes que temer». Eles non queren que se saiba, pero estás ante unha orixinal homenaxe aos personaxes da mitoloxía fantás...

    12,50 €

  • O XENIO DA CIDADE DO SAL
    O XENIO DA CIDADE DO SAL
    CASALDERREY, FINA / SOTO, LUIS G.
    «Se che contan que estou tolo, que me divirte moito falar de porcalladas escatolóxicas, ou se che din que me pega a risa por calquera parvada, non lles fagas caso, caca podre! Simplemente, son un xenio.» Ese xenio é Mozart e ten 12 anos en 1768. Con este relato de misterio e aventura, Fina Casalderrey proponnos coñecer a figura do xenial compositor a través dunha viaxe polo Cam...

    14,50 €

  • UNHA ABELLA MÁXICA NO CAMIÑO
    UNHA ABELLA MÁXICA NO CAMIÑO
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Nunha encrucillada de camiños Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia de Daniel, un neno que quere ser superheroe. Unha tarde sae á rúa en busca de aventuras coa súa capa e cun colgante en forma de sol. Non imaxina que está a piques de comezar unha viaxe emocionante ao lado de Virxilia, a nena de Vila Ambrosia. O mundo das abellas máxicas de Eiramae está en perigo, pe...

    12,50 €

  • MAXIA DE PEDRA
    MAXIA DE PEDRA
    DOMÍNGUEZ, XABIER / DE EVAN, ALBA
    Uns restos arqueolóxicos de orixe galega que se atopan en Roma son roubados cando viaxan de volta a Galicia. Anxela, unha nena de 12 anos, atopa un gato de tres colas, con poderes máxicos, que é exactamente igual ao que estaba gravado no petróglifo roubado. De onde procede ese gato? Como puido chegar ata unha necrópole romana? Que interese hai detrás do roubo?Unha novela de max...

    13,50 €

  • DOUCHE A MIÑA PALABRA
    DOUCHE A MIÑA PALABRA
    ALONSO, FRAN
    Como se chega a ser escritora ou escritor? Por que se escribe? Pódese vivir sen ler? Pódese aprender a pensar a través da lectura? As palabras poden proer, picar, denunciar as inxustizas, resultar molestas e incómodas. Tamén poden facernos reaccionar. Os escritores e escritoras pelexan coas palabras, míranlles as patiñas nun microscopio e constrúen historias. Cunha linguaxe com...

    12,50 €

  • PATIO DE LUCES
    PATIO DE LUCES
    ESMORIS, ERICA
    Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír. En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e sae ao patio para observar a roupa dos tendais e imaxinar como será a vida deses veciños aos que nunca viu...

    13,50 €

  • FÁBULAS CONTADAS
    FÁBULAS CONTADAS
    NAVAZA, GONZALO
    As fábulas son pequenos relatos de intención moralizante onde personaxes animais encarnan condutas e caracteres humanos e que foron incorporadas á tradición popular desde hai milenios. Neste libro o autor refai en versos rimados algunhas das máis coñecidas dun xeito orixinal e divertido. ...

    11,50 €

  • ANTÍA E DAREN
    ANTÍA E DAREN
    ALVITE, VALENTÍN
    O xefe de policía Rigoberto Raposo leva anos agardando que se cometa un delito na tranquila vila de Uz para demostrar o seu mérito e, por fin, chega a ansiada oportunidade: a bibliotecaria Severiana Pratas denunciou o roubo duns valiosos torques. O xefe de policía xa soña cun ascenso. O que non sabe é que dous rapaces, Antía e Daren, tamén están facendo as súas propias pescudas...

    13,50 €

  • O CHISPAS
    O CHISPAS
    RIVAS, MANUEL
    O Chispas é músico. A el gustaríalle ser un artista cósmico, pero aos ollos da xente non é máis ca un simple cómico. Até que o poder da Fonte da Fala lles imprime forza ás súas cancións e se converte nunha estrela de rock. Unha noite, cando regresa dunha actuación na súa moto, uns seres extraordinarios cégano cunha potente luz e esperta en Mutandi, un planeta gobernado polos cr...

    13,50 €

  • VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO
    VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Nestes poemas escóitase o vento que percorre diferentes ambientes e mundos: o mar, o sol e as estrelas, as follas das árbores, as flores e as abellas, os nenos e as nenas. Ventos falangueiros, mentireiros, bailadores; ventos de berce e de aloumiño; ventos magos; ventos e ventiños; ventos a durmir, contadores de estrelas; ventos lacazáns, fungóns, peregrinos, latriqueiros; vento...

    12,50 €

  • A NENA, O MONSTRO E O MAR
    A NENA, O MONSTRO E O MAR
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar ata alí. Fálalle da terrible condición que o monstro lle esixe a quen queira atravesar o muro. Gran Gogol escoita con atención, porque se cadra iso é o mellor que pode facer algué...

    12,50 €

  • OS GRITOS DAS ILLAS LOBEIRAS
    OS GRITOS DAS ILLAS LOBEIRAS
    CORTIZAS, ANTON
    Lino sufriu un ataque de poliomielite e por iso non puido ser mariñeiro. Pero o mar soñado será o escenario da súa aventura, cando descobre as aves que voan cara a atrás e que existe o misterio das illas Lobeiras: un lugar que non recollen os mapas e que só poden ver as persoas coñecedoras do seu segredo. ...

    13,50 €

  • ORESTES PERDE O SENTIDO!
    ORESTES PERDE O SENTIDO!
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño. A partir dese momento, Orestes inicia unha disparatada carreira seguindo o rastro da súa irmá polas rúa...

    13,50 €

  • MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST
    MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST
    MISA, IRIA
    Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo...

    13,50 €

  • A PORTA DOURADA
    A PORTA DOURADA
    DE TORO, XELIS
    O meu pai é escritor coa cabeza e mecánico coas mans. Aínda que o que máis lle gusta é ser pescador, pero só co corazón, porque nunca lle vin pescar nada. Eu son filósofa, unha filósofa pequena, e esta historia que comeza como acaba é un remuíño acuático de peixes con perruca e sereas saudosas que brillan como estrelas. ...

    13,50 €

  • SARA TEN UN SEGREDO
    SARA TEN UN SEGREDO
    CARIDE OGANDO, RAMÓN
    A vida de Sara, unha meniña de sete anos, está a piques de sufrir unha mudanza repentina. Algo abraiante vai sucederlle cando un día, atope un estraño tareco no sitio menos pensado. Pero? que é un tareco?, que ten de particular o tareco de Sara que non posúen os outros tarecos? ...

    11,50 €

  • STREET POEMS
    STREET POEMS
    ALONSO, FRAN
    Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da " street art " . Este é un libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela ...

    11,50 €

  • AS PERIPECIAS DE EXTRAVAGANZZA PÉREZ
    AS PERIPECIAS DE EXTRAVAGANZZA PÉREZ
    COSTAS, LEDICIA
    Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona. Semellan estar algo tolos, pero queren aos animais e mais á súa filla pola vida. Un día marchan a unha expedición secreta deixando a Extravaganzza soa na casa. Ela está encantada. Vivir sen pais é o mellor que lle pode pasar a unha nena... agás se os teus pais non dan...

    11,50 €

  • ESCAQUIS E ROMEU
    ESCAQUIS E ROMEU
    FRAGA, ANTONIO MANUEL
    «É coma un neno», dicían de Romeu os seus coñecidos, pois se algo caracterizaba o vello barbeiro era a súa inocencia. A vida de Romeu transcorría tranquila, entre cortes de pelo, barbeados e lecturas na compaña das plantas da súa galería. Mais unha noite de treboada Escaquis apareceu misteriosamente para poñer patas arriba a súa existencia. Esta estraña nena contaba cun poder m...

    11,50 €

  • FRED QUINCALLA, O NÓMADE DO MAR
    FRED QUINCALLA, O NÓMADE DO MAR
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Esta é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas. Viaxeira por curiosidade e necesidade, un día Leopolda deu co Gran Gogol, un cociñeiro aprendiz de violinista e fuxitivo da inxustiza. Desde entón os dous viaxan xuntos no barco de Leopolda, dando espectáculos musicais en cada lugar ao que chegan e disfrazados para pasaren in...

    12,50 €

  • A ORQUESTRA TERRESTRE
    A ORQUESTRA TERRESTRE
    CANO, HARKAITZ
    Manu fixo un anuncio na rúa para captar voluntarios e formar unha orquestra. Ao día seguinte xuntouse unha chea de xente na Praza da Solfa, aínda que aconteceu algo extraordinario: ninguén trouxera consigo o instrumento. Todos aqueles músicos voluntarios querían ser directores de orquestra. Na súa procura atoparase cunha violinista chamada Ás Veces, que non para de rañar o sobr...

    14,50 €


01 02 03