0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL LAIOVENTO, S.L. / Colección : Ventoalto 14 resultados

  • NURA
    NURA
    PONS, PONÇ
    Comecei a escribir "Nura" un serán de inverno, en Macaret, arrodeado de candeas e co "Requiem" de Mozart a todo volume. "Nura" é o nome que lle puxeron os fenicios a Menorca e significa "Terra de Lume". Un lume que aínda queima por dentro e representa a paixón pola literatura. Cando construía o poema, fun elaborando, intertextualizando, o eco doutras voces por mor de fundi-lo...
    Disponible en 1 semana

    12,95 €

  • FAÍSCAS
    FAÍSCAS
    DOMÍNGUEZ ALBERTE, XOÁN CARLOS
    Volume de xinea popular integrado por miúdas pezas de ourivería poética. Cada unha das composicións que conforman esta obra son á vez fráxiles e intensas, de xeito que sexan doadas de inxerir tanto pola sensibilidade coma pola intelixencia.O propósito é transportar o vagar que sucede á fereza da tempestade interior. Logo de os elementos se conxuraren en contra, despois de que a...
    Disponible en 1 semana

    11,95 €

  • O REICIÑO DE GALIZA
    O REICIÑO DE GALIZA
    HUGO, VICTOR
    Congratúlase Laiovento en publicar na colección VentoaLto unha nova edición de O reiciño de Galiza, de Victor Hugo, que marcou a aparición do número 100 do seu catálogo.Le petit roi de Galice -un capítulo da visión poética da Historia constituída por La Légende des siècles- é unha composición épica de importancia certa, tanto para a crítica literaria como para o propio autor, ...
    Disponible en 1 semana

    16,95 €

  • TRÍPTICO ÁRTABRO
    TRÍPTICO ÁRTABRO
    PENAS, ÁNXELES
    O libro Tríptico ártabro, de Ánxeles Penas, resulta paradigmático do seu mundo poético. Tanto na súa escrita como nos seus contidos, cristaliza numerosas claves da súa poética. Está estruturado en tres partes, “Territorio”, “Os anais do vento” e “Galicia, meu señor”, aínda que as sinerxías temáticas, expresivas e formais entre as tres son constantes, producindo unha viva sensac...
    Disponible en 1 semana

    10,00 €

  • A TIMIDEZ DAS COPAS
    A TIMIDEZ DAS COPAS
    OLIVEIRA, RUTH
    A timidez das copas é un fenómeno biolóxico que consiste nun distanciamento das árbores na súa cúspide. As follas máis altas deteñen o crecemento para non tocarse coas das copas adxacentes. O espazo resultante debuxa unha sorte de aberturas que permiten a entrada de luz no bosque. É así posible a fotosíntese.A poesía percorre os carreiros do ceo a través do desexo, a procura, a...
    Disponible en 1 semana

    10,00 €

  • PERMANENCIA
    PERMANENCIA
    SUÁREZ GARCÍA, CASTILLO
    Tratado de botánica do amor , que versa sobre as diferentes especies que resisten as perdas e desastres de todo tipo , porque son primitivas , ou sobre as especies invasoras que se apoderan do noso corazón e non atopamos o modo axeitdado de destruílas . Unhas , resistentes , e outras , invasoras , tentan sobrevivir nunha paraxe que é abrupta e boscosa , fermosa e crúa ao mesmo ...
    Disponible en 1 semana

    11,95 €

  • O SPLEEN DE PARÍS
    O SPLEEN DE PARÍS
    BAUDELAIRE, CHARLES
    Ao percibir que o poema versificado non lle permitía alcanzar a verdadeira modernidade poética, Baudelaire interesouse polo poema en prosa. Lembrando a Aloysius Bertrand e o seu Gaspard La Nuit, intentou «facer algo parecido, e aplicar á descrición da vida moderna, ou mellor dito dunha vida moderna e máis abstracta, o procedemento que el aplicara para retratar a vida antiga, co...
    Disponible en 1 semana

    14,96 €

  • O BOSQUE SEM SAÍDA
    O BOSQUE SEM SAÍDA
    RODRÍGUEZ BAIXERAS, XAVIER
    Ninguém sabe abrir a porta que conduz aos âmbitos da solidão. Não há saída do labirinto do bosque vazio. Existe, por acaso, uma porta de entrada, a que se reproduz na capa deste livro, a de duas fechaduras que, na sua sucessão, marcam o contraste entre o tempo da memória e o da idade invernal onde habita, com pouco afã mas sem aceitar o encanto da desesperança, o poeta. É a mes...
    Disponible en 1 semana

    16,00 €

  • TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMA
    TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMA
    NEGRO, CARLOS / VAQUEIRO, VITOR / ALVAREZ CACCAMO, XOSE MARIA
    E no medio desta cacofonía, desta enxurrada de información (onde se atopa a verdade?), desta confusión e deste caos, xorden tres mosqueteiros que mudan a espada pola pluma dos seus sombreiros de aba ancha e transforman a arte da esgrima para mudala de ritual clasista en esgrima gramatical, defendendo así á estirpe que os criou, que fixo deles seres adultos e autónomos. Como ere...
    Disponible en 1 semana

    14,96 €

  • FÁBULA DE AVES
    FÁBULA DE AVES
    FORCADELA, MANUEL
    “Lingua morta, lingua estranxeira a que usan filósofos e poetas, tal como lemos na cita de Giorgio Agabem que encabeza a Fábula das aves. Moi viva e próxima, porén, a voz do vitalista escéptico a quen nomeamos Manuel Forcadela, entregado con paixón á luz do paradoxo, ao fulgor da dúbida. Os seus poemas interpretan con estilo moi natural os seus propios acenos e movementos e os ...
    Disponible en 1 semana

    15,00 €

  • A CASA SEN NÓS
    A CASA SEN NÓS
    TOXO, XAIME
    Unha soa casa enfronte do mar, bañada pola marusía nos días de temporal, dúas plantas, un patio, unha escaleira e un corredor que é columna vertebral dun organismo que palpita, que respira, que se move.A casa encolle de frío os días de néboa e chuvia, cun ruído de abismo nas almofadas e tremor de follas nas contras; agrándase os días de calor luminosa que bate contra a fachada,...
    Disponible en 1 semana

    12,00 €

  • PARTITURAS
    PARTITURAS
    QUEIXAS ZAS, MERCEDES
    Este libro contén un exercicio literario pouco frecuentado na literatura galega. A creación a dúas voces, entre senllos poetas, consciente e decidida dende un comezo. Unha escritura poética que, coma os latexos da vida, se foi construíndo devagar mais de forma incesante. De xeito que cada poema interpela e dialoga co seu próximo.O joc partit das vellas cantigas medievais cobra ...
    Disponible en 1 semana

    14,00 €

  • CADERNO DUN REGRESO Á TERRA NATAL
    CADERNO DUN REGRESO Á TERRA NATAL
    CÉSAIRE, AIMÉ
    O Caderno, sendo a súa obra máis representativa, expresa por primeira vez de xeito poético este concepto que pretende proclamar o dereito do negro a unha existencia autónoma. Escrito en primeira persoa, á semellanza da escrita automática surrealista, libra as visións que de xeito cinematográfico lle van aparecendo nese regreso real ou imaxinario á súa terra natal durante unha m...
    Disponible en 1 semana

    10,00 €

  • 1968
    1968
    VAQUEIRO, VITOR
    A data crucial de 1968 exerce uma força de dobre direção, centrífuga e centrípeta, em expansão cara a outros motivos temáticos de transcendente alcanço universal de finais da década dos sessenta e começos dos setenta: a guerra do Vietnã, a matança de estudantes na praza de Tlatelolco, a primavera de Praga, os assassinatos de Martin Luther King e Ernesto Che Guevara, a revolta e...
    Disponible en 1 semana

    15,00 €