
- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-8487-607-6
- Páginas:
- 150
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Ventoalto
O REICIÑO DE GALIZA
HUGO, VICTOR
Congratúlase Laiovento en publicar na colección VentoaLto unha nova edición de O reiciño de Galiza, de Victor Hugo, que marcou a aparición do número 100 do seu catálogo.
Le petit roi de Galice -un capítulo da visión poética da Historia constituída por La Légende des siècles- é unha composición épica de importancia certa, tanto para a crítica literaria como para o propio autor, que chegou a deseñar unha portada onde se xunguen a paisaxe compostelá e a historia de Nuno.
A emotividade e intensidade do texto huguiano consérvase plenamente na versión galega -tamén en verso- de Henrique Harguindey. Os lectores e lectoras poderán, a maiores, ler e gozar o texto orixinal, situado en paralelo á tradución.
Na rompente da maré dese xenio da Literatura, a ondiña galega segue a borboriñar e a ser ouvida co seu propio son.
Para André Dumas, por exemplo: Le Petit Roi de Galice é un dos poemas máis conmovedores, máis coloridos e mellor escenificados de La Légende des siècles
La Légende des siècles. Édition dAndré Dumas. Garnier Frères. Paris, 1962.