- Editorial:
- EDITORIAL HUGIN E MUNIN
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-123933-6-1
- Páginas:
- 208
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A CASA DO PAI
JAIO, KARMELE
Jasone e Ismael son unha parella que arrastra certa crise dende que as fillas abandonaron a casa familiar. El, escritor, pasa por un momento de bloqueo creativo que cadra coa responsabilidade de ter que coidar do pai namentres a nai está ingresada, o cal provoca que agromen recordos traumáticos que derivan na reinterpretación da vida familiar. Jasone, pola súa banda, fai balance das renuncias e as perdas e sente que debe recuperar dalgún xeito os soños relegados, como a escrita e a ilusión de montar unha editorial coa súa cuñada e grande amiga da mocidade.
Os máis de trinta capítulos curtos de A casa do pai presentan unha hábil alternancia de tres voces, algúns cambios de perspectiva e sucesivas analepses. A canda estas particularidades, outras opcións estruturais, como a narración en segunda persoa que consegue un efecto literario de gran potencia ou a sutil escolla de temas e subtemas, foron, de certo, elementos de peso á hora de que a novela fose distinguida co Premio Euskadi de Literatura, amais de recoñecida como Mellor libro do ano en éuscaro pola Asociación de Librarías de Navarra e mais pola 111 Akademia. Nese abano temático a miúdo máis suxerido ca evidente figuran as complexas relacións entre a masculinidade e o feminismo, o inmobilismo, a culpa, a complicidade, a identidade, os segredos, a memoria ou os roles convencionais.