0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL HUGIN E MUNIN / Colección : < Xenérica > 39 resultados

  • MONSIEUR MAURICE
    MONSIEUR MAURICE
    A presente obra, publicada orixinalmente en 1873, está ambientada na Prusia posnapoleónica. A acción principal desenvólvese nun palacio rexio en Brühl, a onde por orde ministerial trasladan un prisioneiro para que fique baixo a custodia do coronel Bernhard, o novo intendente. A raíz dese feito, Gretchen, a filla única do mandatario, establece case de inmediato unha intensa rela...
    En stock

    14,50 €

  • O MONO XOUTH
    O MONO XOUTH
    Esta novela, cuxa tradución ao galego é a primeira a unha lingua romance, considérase pioneira da literatura fantástica escrita en grego moderno. Como adianta o título, céntrase nas peripecias de Xouth, un enigmático escritor e viaxeiro alemán que acabou metamorfoseado nun orangután e posto ao servizo dun home grego europeizado que finxe pertencer a unha nobre estirpe.As peculi...
    En stock

    15,00 €

  • A HERDANZA DE FERRAMONTI
    A HERDANZA DE FERRAMONTI
    CHELLI, GAETANO CARLO
    Esta novela, a máis lograda de Gaetano Carlo Chelli, publicouse por vez primeira en 1883 na revista Cronaca Bizantina. O autor participa da estética do verismo, ao se inspirar na realidade para retratar os esforzos de pequenos empresarios e burócratas por se enriquecer e lograr o ascenso social e a respectabilidade. De feito, a obra apareceu ao tempo que saltaba á esfera públic...
    En stock

    17,00 €

  • LADY SUSAN
    LADY SUSAN
    AUSTEN, JANE
    Tras o pasamento de Frederic Vernon, lady Susan, a súa viúva, unha muller distinguida e fermosa mais tamén egoísta e intrigante, encomeza a artimañar á busca dun novo marido, quer para ela, quer para a súa filla de dezaseis anos, Frederica. Coa complicidade, os consellos e a axuda puntual da súa amiga Alicia Johnson irá dando conta epistolar de cada un dos seus pasos e estratax...
    En stock

    15,00 €

  • EL
    EL
    COLET, LOUISE
    Rescatar El, de Louise Colet, supón sacar do esquecemento unha escritora prolífica reducida ao papel de musa e vítima da misoxinia da época. Publicada en 1859, e un ano despois en volume, a obra contou cun grande éxito, por vir asinada pola amante de Flaubert e por ser un relato en clave cunha visión diferente da recollida ese mesmo ano por George Sand en Elle et lui –recreació...
    En stock

    17,50 €

  • A TRAIZÓN
    A TRAIZÓN
    SKRAM, AMALIE
    A traizón arranca en 1869, na cidade de Bergen, onde dúas familias se reúnen para celebrar a voda entre o experimentado capitán Adolph Riber e Aurora Ingstad, Ory, unha moza de dezasete anos, case catorce menos ca el. A partir de entón, as desavinzas da parella non farán senón agudizarse, mentres a historia avanza, sometida a unha guerra conxugal con momentos de gran virulencia...
    En stock

    15,50 €

  • AS IRMÁS BUNNER
    AS IRMÁS BUNNER
    WHARTON, EDITH
    Na Nova York de finais do século XIX, Ann Eliza e Evelina, as irmás Bunner, rexentan un humilde comercio que apenas lles dá para ir tirando. Porén, afeitas ás rutinas de traballo e grazas, sobre todo, á balsámica compaña mutua, asúmeno con naturalidade. Pero o seu pequeno mundo cambalea unha vez que aparece nas súas vidas a figura dun reloxeiro de orixe berlinesa, o señor Herma...
    En stock

    15,00 €

  • A CURMÁ PHILLIS
    A CURMÁ PHILLIS
    GASKELL, ELIZABETH
    A curmá Phillis, publicada en catro partes entre 1863 e 1864 na prestixiosa revista literaria de Londres The Cornhill Magazine, conta a historia da curmá segunda do narrador, Paul Manning, a partir de que este a coñeza sendo mozo e, sen pretendelo, trastorne o seu destino. A autora aborda o tema da sedución, os seus perigos e contrapartidas, ademais de afondar no tratamento da ...
    En stock

    15,00 €

  • O SOLTEIRÓN
    O SOLTEIRÓN
    STIFTER, ADALBERT
    Antes de entrar de cheo na idade adulta e o mundo do traballo, Victor, un mozo algo desencantado e bondadoso, debe emprender unha viaxe até unha remota illa por expreso desexo do seu tío, un vello solteiro e túzaro. Con tal fin, deixa atrás o sinxelo fogar no que se criou ao quedar orfo, ao coido de Ludmilla, a súa nai adoptiva, e canda a filla desta, a prudente Hanna. Neste pe...
    En stock

    15,00 €

  • O CASTELO RACKRENT
    O CASTELO RACKRENT
    EDGEWORTH, MARIA
    O vello e honrado Thady lembra os seus anos de leal servizo ás catro últimas xeracións da estirpe dos Rackrent. Así, con involuntario humorismo, retrata os seus sucesivos amos: sir Patrick, bebedor e xeneroso anfitrión; sir Murtagh, preiteante infatigable; sir Kit, cruel ludómano que, dende a afastada cidade de Bath, gasta a balbaruto; e, finalmente, sir Conolly, narcisista e d...
    En stock

    13,50 €

  • O MONSTRO
    O MONSTRO
    CRANE, STEPHEN
    Henry Johnson, o elegante cocheiro negro que traballa para a familia Trescott, queda desfigurado tras salvar a Jimmie, o rebuldeiro fillo do doutor Trescott, de morrer entre as lapas do incendio que se desata unha noite na casa. A súa fazaña fai que toda a vila de Whilomville o considere un heroe, sobre todo cando se espalla o rumor da súa morte. Non obstante, malia a gravidade...
    En stock

    14,00 €

  • A EDUCACION SENTIMENTAL
    A EDUCACION SENTIMENTAL
    FLAUBERT, GUSTAVE
    A educación sentimental publicouse en dous volumes en 1869 e nela Flaubert quixo retratar, a partir da súa experiencia persoal e a dos seus amigos, a historia moral e sentimental da súa xeración. Deste xeito, fusiona as regras da novela histórica coas do realismo para abordar en tres partes os feitos acaecidos entre 1840 e 1868, ao tempo que reinventa a novela de aprendizaxe.O ...
    En stock

    21,00 €

  • A CASA DO PAI
    A CASA DO PAI
    JAIO, KARMELE
    Jasone e Ismael son unha parella que arrastra certa crise dende que as fillas abandonaron a casa familiar. El, escritor, pasa por un momento de bloqueo creativo que cadra coa responsabilidade de ter que coidar do pai namentres a nai está ingresada, o cal provoca que agromen recordos traumáticos que derivan na reinterpretación da vida familiar. Jasone, pola súa banda, fai balanc...
    En stock

    16,50 €

  • AS CONSECUENCIAS DA VELLA HISTORIA
    AS CONSECUENCIAS DA VELLA HISTORIA
    A novela breve As consecuencias da vella historia (1884) aborda, dende unha perspectiva até certo punto romántica, os desequilibrios que unha paixón amorosa insatisfeita pode provocar no espírito, ao tempo que ofrece unha descrición do sufrimento psíquico capaz de acadar cotas febrís. Trata así mesmo cuestións relativas á confusión de identidades e ao desdobramento da realidade...
    En stock

    14,00 €

  • A HISTORIA DO BONDADOSO VELLO E DA FERMOSA MOZA
    A HISTORIA DO BONDADOSO VELLO E DA FERMOSA MOZA
    SVEVO, ITALO
    Un adiñeirado vello, con todas as contradicións e manías que lle corresponden por idade e por clase social, e que amais se lucra coas desgrazas derivadas da Primeira Guerra Mundial, aventúrase na sedución dunha fermosa moza tras coñecela no tranvía de Trieste, crendo chegada a súa derradeira oportunidade para gozar do amor. O relato aborda, polo tanto, un tema recorrente na lit...
    En stock

    12,00 €

  • O ESMOLEIRO
    O ESMOLEIRO
    O esmoleiro é unha destacada mostra da tendencia naturalista de Andreas Karkavitsas, autor in?uído polo estilo de Zola e dos escritores rusos. A acción sitúase en 1880, e o seu protagonista, Tziritokostas, é un esmoleiro profesional, procedente dunha rexión do Peloponeso fértil en mendicantes, que chega á aldea de Nychteremi, en Tesalia, un territorio acabado de incorporar ao E...
    En stock

    14,50 €

  • GOBSECK
    GOBSECK
    HONORE DE BALZAC
    A novela curta Gobseck foise ampliando en sucesivas edicións, dende o seu primeiro esbozo, aparecido na prensa en 1830, até a edición de 1842, cando adopta o título e a trama de?nitivos.A historia arrinca no salón da vizcondesa de Grandlieu, no inverno de 1829-1830. Esta advirte a súa ?lla de dezasete anos dos perigos que encerraría a nivel social un posible amorío con Ernest d...
    En stock

    13,00 €

  • A NOSA NEGRA
    A NOSA NEGRA
    WILSON, HARRIET E.
    A nosa Negra, publicada orixinalmente en 1859, é unha das primeiras novelas da literatura estadounidense escrita por unha afroamericana.Limítrofe coa crónica autobiográ?ca, a obra narra a crúa vida de Frado, unha muller negra libre que, malia se criar nun estado non escravista do norte, foi vítima do racismo imperante; entronca, polo tanto, coa coñecida como narrativa da escrav...
    En stock

    14,00 €

  • A VIDA NA FUNDICIÓN
    A VIDA NA FUNDICIÓN
    HARDING DAVIS, REBECCA
    A vida na fundición publicouse en 1861 na revista bostoniana The Atlantic Magazine. Por múltiples razóns, como a orixinalidade coa que está escrita ou a denuncia aberta da realidade industrial do país, a obra tivo unha recepción extraordinaria e recibiu acendidos encomios saídos das principais plumas do momento en América do Norte: dende Nathaniel Hawthorne ou Elizabeth Peabody...
    En stock

    12,00 €

  • O AMULETO
    O AMULETO
    MEYER, CONRAD FERDINAND
    Malia ser hoxe moi estimada, en 1873, ano da publicación desta primeira novela breve de Conrad Ferdinand Meyer, foron abondos os críticos que viron nela unha imitación dos vellos modelos narrativos da literatura francesa e mesmo chegaron a acusar o autor zuriqués de plaxiar a Mérimée.O marco espazo-temporal é a noite do 24 de agosto de 1572 en París, cando se perpetrou o soado ...
    En stock

    13,00 €

  • MORREREI OUTRO DÍA
    MORREREI OUTRO DÍA
    ALONSO, ISABELLE
    O destemido Ángel Alcalá Llach ofrécenos a crónica do seu percorrido vital, dende a súa nacenza até acabada a guerra civil. Nado en Valencia na década de 1920, no seo dunha familia de ideas liberais, igualitarias e anticlericais, axiña vive en Madrid o tempo de entusiasmo e esperanza reinante nos prolegómenos da proclamación da II República, cuxa chegada celebra. Xa adolescente...
    En stock

    15,00 €

  • A XENTE DE HEMSÖ
    A XENTE DE HEMSÖ
    STRINDBERG, AUGUST
    A xente da Hemsö (1887) é unha das novelas realistas máis estimadas pola crítica e o lectorado suecos. August Strindberg escribiuna durante a súa primeira estadía longa alén do Báltico, en Suíza e Alemaña, tanto para aplacar a morriña que o consumía como para recrear cun testemuño honesto as súas vivencias de infancia e homenaxear a forma de vida dos insulares rurais do arquipé...
    En stock

    15,00 €

  • AS CONFESIÓNS DUNHA FILLA DO SÉCULO
    AS CONFESIÓNS DUNHA FILLA DO SÉCULO
    As confesións dunha filla do século. Epistolario dunha morta (Milán, 1901) é unha novela epistolar escrita cun estilo vivaz e desinhibido, que xa no título revela o seu modelo, Confession d'un enfant du siècle (1836) de Alfred de Musset, aínda que tamén mantén un vencello evidente coa literatura etiquetada como rosa da francesa Gyp (Sybille-Marie-Antoinette de Riquetti de Mirab...
    En stock

    14,50 €

  • O PÁRROCO DE VEJLBY
    O PÁRROCO DE VEJLBY
    STEENSEN BLICHER, STEEN
    O noir nórdico comezou a fraguar coas primeiras historias criminais escandinavas das décadas de 1820 e 1830. En concreto, con tres textos de ficción: esta nouvelle ideada por Blicher (1829), Skällnora kvarn (1838) do sueco Carl Jonas Love Almqvist e Mordet paa maskinbygger Roolfsen (1839) do noruegués Mauritz Hansen. No caso específico de O párroco de Vejlby, tal é a súa import...
    En stock

    11,50 €

  • O VEO ALZADO
    O VEO ALZADO
    ELIOT, GEORGE
    O veo alzado, novela curta publicada orixinalmente na Blackwood's Edinburgh Magazine en 1859, enlaza coa tradición vitoriana do horror psicolóxico. Debido á gran cantidade de elementos sobrenaturais e de percepción extrasensorial, supón ademais un caso illado no conxunto da obra de George Eliot, prosista inglesa célebre sobre todo pola súa escrita de corte realista.A voz en pri...
    En stock

    11,50 €

  • A VIRTUDE DE CHECCHINA
    A VIRTUDE DE CHECCHINA
    SERAO, MATILDE
    A virtude de Checchina (1884) é unha obra representativa da escrita de Matilde Serao, moi dada a retratar a vida de mulleres de gran sensibilidade que rematan por aceptar un destino marcado pola infelicidade e a resignación, así como o permanente conflito entre as leis ditadas pola sociedade e as que rexen os seus sentimentos. A finalidade deste relato queda de manifesto nunha ...
    En stock

    11,50 €

  • O XOGO DAS CADEIRAS
    O XOGO DAS CADEIRAS
    O xogo das cadeiras é unha novela de carácter intimista que, a través dos testemuños de varias mulleres –Martiña, Teresa e Eulali, eixes que sosteñen a narración–, indaga nas engrenaxes da memoria. O pasado, que abrangue dende a primeira infancia até case os intres finais da vida, ten pois un peso capital, en tanto que arquivo de experiencias e lembranzas dos distintos personax...
    En stock

    14,50 €

  • DOS DÍAS DO PORVIR
    DOS DÍAS DO PORVIR
    WELLS, H. G.
    Dos días do porvir publicouse por fascículos nas páxinas da revista literaria The Pall Mall Magazine, e deseguido como parte da compilación de relatos e novelas de temática futurista e fantástica Tales of Space and Time (1899). Elizabeth e Denton son o que Isaac Asimov chamaría «medievalistas», o cal, nun contexto futuro, identifica aquelas persoas que rexeitan a vida urbana e ...
    En stock

    14,50 €

  • UN MUNDO DISTINTO E IGUAL
    UN MUNDO DISTINTO E IGUAL
    Un mundo distinto e igual, obra que o prudente bispo inglés Joseph Hall nunca admitiu como súa a fin de evitar as represalias dos puritanos da época, foi escrita en latín en 1605 e distribuída, nun principio, só entre persoas de confianza. Entre as obras satíricas clásicas, a de Hall considérase unha das máis valiosas dende o punto de vista literario. As súas páxinas conteñen u...
    En stock

    16,00 €

  • A OBRA
    A OBRA
    SPERANI, BRUNO
    En liñas xerais, a produción de Bruno Sperani caracterízase por presentar certo pouso determinista e pola especial profundidade concedida ás mulleres, arrastradas polas leis do sangue e da sociedade e cuxo destino fatal deriva na servidume e a submisión. No caso de A obra (1894), coa que a autora acadou un enorme éxito, Luisina Terragni exemplifica un camiño dende a resignación...
    En stock

    14,50 €


01 02