- Editorial:
- EDITORIAL HUGIN E MUNIN
- Año de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-128075-6-1
- Páginas:
- 132
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
O MONO XOUTH
Esta novela, cuxa tradución ao galego é a primeira a unha lingua romance, considérase pioneira da literatura fantástica escrita en grego moderno. Como adianta o título, céntrase nas peripecias de Xouth, un enigmático escritor e viaxeiro alemán que acabou metamorfoseado nun orangután e posto ao servizo dun home grego europeizado que finxe pertencer a unha nobre estirpe.
As peculiaridades do simio a canda sucesivos amos, a crónica satírica das viaxes e o constante intercambio cultural entre Oriente e Occidente sérvenlle ao autor, o irónico e irascible Iakovos Pitsipios, para cuestionar, fuxindo do historicismo e achegándose á picaresca, a autenticidade e a identidade da Grecia posrevolucionaria, inmersa nun clima de constantes cambios sociais e onde a presión de diversas instancias europeas se entendía como opresiva por parte de destacados sectores. Neste sentido, o autor tiña moi presente o termo «hipereuropeización», acabado de cuñar, e consideraba o gusto polos costumes estranxeiros unha sorte de autoodio por parte do pobo grego. Tampouco non era alleo a outro termo irmán: «hiperhelenización».
A través dunha hábil mestura de fantasía e cotiandade, esta obra inacabada pero autoconclusiva supón non só unha potente crítica dos costumes da época, senón incluso unha emenda ao concepto de civilización, presentada en forma de alegoría a varias voces; entre elas, sobre todo, a do mono.