- Editorial:
- EDITORIAL HUGIN E MUNIN
- Año de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-126007-5-9
- Páginas:
- 156
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
AS IRMÁS BUNNER
WHARTON, EDITH
Na Nova York de finais do século XIX, Ann Eliza e Evelina, as irmás Bunner, rexentan un humilde comercio que apenas lles dá para ir tirando. Porén, afeitas ás rutinas de traballo e grazas, sobre todo, á balsámica compaña mutua, asúmeno con naturalidade. Pero o seu pequeno mundo cambalea unha vez que aparece nas súas vidas a figura dun reloxeiro de orixe berlinesa, o señor Herman Ramy.
Escrita en 1892 pero inédita até 1916, esta novela de Wharton constata que o seu talento non se limita á descrición de individuos da alta sociedade á que pertencía, senón que abrangue tamén seres solitarios e desfavorecidos. Aquí, a autora consagra ese dominio da psicoloxía a reflexionar sobre valores como a abnegación ou o sacrificio. Por outra banda, a ambientación eríxese tamén como elemento destacado, con algunhas pasaxes deliciosas sobre as travesías dominicais no transbordador de Manhattan a Hoboken, os paseos por Central Park, o rebumbio das caóticas avenidas ou a fastosidade dos grandes almacéns.
Cunha prosa sinxela de corte realista, enriquecida por veces cun rexistro léxico elevado, o ton melancólico pero esperanzador desta obra resulta clave para apreciar a amplísima variedade de subtemas: o decoro social, a beleza, a amabilidade ou a fe. En canto que cuestión axial que xustifica a peza mesma, non pode quedar sen citar o amor fraternal, que neste caso comporta severas contrapartidas.