- Editorial:
- EDITORIAL HUGIN E MUNIN
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-123933-9-2
- Páginas:
- 152
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
O SOLTEIRÓN
STIFTER, ADALBERT
Antes de entrar de cheo na idade adulta e o mundo do traballo, Victor, un mozo algo desencantado e bondadoso, debe emprender unha viaxe até unha remota illa por expreso desexo do seu tío, un vello solteiro e túzaro. Con tal fin, deixa atrás o sinxelo fogar no que se criou ao quedar orfo, ao coido de Ludmilla, a súa nai adoptiva, e canda a filla desta, a prudente Hanna. Neste periplo cargado de misterio e soidade descubrirá segredos longo tempo ocultados, coa única compaña do seu vello can, o leal Spiz, un animal que entrou por dereito propio na historia da literatura.
Por ser Adalbert Stifter un escritor sen unha adscrición clara a unha determinada corrente e por recorrer a un estilo intimista moi preocupado pola estética, percíbense en O solteirón os ecos do romanticismo alemán, algúns trazos da novela iniciática, alén de extravagancias propias do realismo burgués, o gusto polos ambientes rurais, unha moral conservadora e un pouso humanista tendente á sublimación.
Admirado, entre outros, por Rilke ou Thomas Mann, quen cualificou a Stifter como «un dos narradores máis enigmáticos da literatura universal», para o caso cabe rescatar a descrición que del fixo Hannah Arendt como «o meirande paisaxista da literatura». En efecto, nesta novela, a paisaxe, descrita por extenso e con mestría, é un elemento clave sen o cal o texto perdería boa parte do seu engado.