- Editorial:
- EDITORIAL HUGIN E MUNIN
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-122593-3-9
- Páginas:
- 122
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A NOSA NEGRA
WILSON, HARRIET E.
A nosa Negra, publicada orixinalmente en 1859, é unha das primeiras novelas da literatura estadounidense escrita por unha afroamericana.
Limítrofe coa crónica autobiográ?ca, a obra narra a crúa vida de Frado, unha muller negra libre que, malia se criar nun estado non escravista do norte, foi vítima do racismo imperante; entronca, polo tanto, coa coñecida como narrativa da escravitude, xa existente en América do Norte dende o século XVIII.
Se ben hoxe, grazas aos múltiples estudos, revisións e reedicións do texto (sobre todo a partir da década de 1980), é posible cuali?calo de referencial, no momento da súa aparición non tivo unha boa acollida, en parte por pensarse que a obra ía destinada en exclusiva ao lectorado negro, e en parte por focalizar a denuncia non tanto no escravismo dos estados suristas coma no uso da indentured servitude (servidume non asalariada de corte colonial) como sustento económico do norte; isto é, o maltrato e abuso da poboación negra por parte da sociedade branca. Esta crítica explícita ao funcionamento económico do norte limitou, no mellor dos casos, a promoción da obra. Século e medio máis tarde, A nosa Negra considérase un texto imprescindible no ámbito das letras afroamericanas.