- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2023
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-1343-265-6
- Páginas:
- 40
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Maremar
A VOLTA AO MUNDO
VILLAFAÑE, JAVIER
Hai grandes aventuras que esperan ao cabo da rúa, o único que se precisa é un pouco de imaxinación.
Santiago sae da casa no seu triciclo, disposto a dar a volta ao mundo.
Durante o seu percorrido van sumándose un bo número de animais que seconverten nos seus compañeiros de viaxe: un can, un gato, un coello, unha formiga, unha vaca, pero tamén un elefante, un cabalo, unha xirafa...Axudándose uns a outros descobren pequenos detalles, reais e ficticios, do mundo que os arrodea. Unha vez completada a volta ao quinteiro todo un universo que explorar chega o momento de despedirse...
Kalandraka recupera esta obra de Javier Villafañe e Juan Ramón Alonso, Premio Austral Infantil en 1985, unha historia de estrutura acumulativa con ilustracións en técnica mixta, lapis de cor e acuarela, que achegan gran calidez e dinamismo a este relato.