- Editorial:
- EDITORIAL HUGIN E MUNIN
- Año de edición:
- 2018
- ISBN:
- 978-84-948805-9-9
- Páginas:
- 192
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Colección XX
APROPIACIÓN INDEBIDA
UNHA NOVELA SOBRE O AMOR
ANDERSSON, LENA
Apropiación indebida: unha novela sobre o amor supuxo un auténtico fenómeno editorial en Suecia. No suxestivo escenario dun Estocolmo que irá mudando co paso das estacións, a douta ensaísta Ester Nilsson principia unha relación non sempre clara co artista Hugo Rask a partir dunha conferencia que imparte sobre a súa obra. Con tal premisa, e por medio dos actos e das elucubracións da protagonista, a autora levará os lectores da man por un mundo de postulados filosóficos, ideolóxicos e artísticos cuxo contrapunto parece ser a ingobernabilidade dos sentimentos humanos, así como a banalidade inherente a toda existencia.
Dáse pois unha rara conxunción entre elementos divagativos e cuestións da vida cotiá. Por veces, os dous personaxes que enfían a novela parecen funcionar como meras premisas para un sisudo estudo de caso; noutras ocasións, a empatía ou a identificación con eles pode resultar mesmo conmovedora. De calquera maneira, o que semella innegable é que se trata dunha novela con multitude de capas, feito que posibilita as lecturas máis diversas sobre temas universais como o amor, a angustia, a soidade, a dependencia ou o egoísmo.