0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL HUGIN E MUNIN / Colección : Colección XX 54 resultados

  • COMO CHEGA O SAL AO MER
    COMO CHEGA O SAL AO MER
    Como chega o sal ao mar, a primeira e máis coñecida novela de Brigitte Schwaiger, publicouse orixinalmente en 1977 e converteuse decontado nun incontestable éxito editorial. Vendeu case medio millón de exemplares no conxunto de territorios xermanófonos e alzouse como unha das dez novelas en lingua alemá con mellor acollida internacional no século XX grazas ás traducións publica...
    En stock

    15,00 €

  • TROMPETA
    TROMPETA
    Ao falecer Joss Moody, célebre trompetista de jazz, desvélase un aspecto da súa vida que permanecera alleo á ollada pública. Así, mentres que a súa viúva, Millicent, se refuxia na aldea escocesa de Torr, onde se aferra aos recordos da súa relación, o fillo, Colman, acolle o achado con irado desconcerto. Estes e outros personaxes, amais da intrusiva xornalista Sophie Stones, com...
    En stock

    16,50 €

  • LUCRECIO DA MAÑÁ
    LUCRECIO DA MAÑÁ
    Luceiro da mañá publicouse en 1921 e deseguida contou co aplauso de crítica e público, talvez por recoñecer na obra a fidelidade ao xénero autobiográfico característico da autora e pola súa aposta formal, cunha estrutura fragmentaria e lírica.Ada Negri baséase en feitos da súa infancia e adolescencia para construír un relato de formación que, escrito en terceira persoa, se abre...
    En stock

    14,50 €

  • AS GRATITUDES
    AS GRATITUDES
    DE VIGAN, DELPHINE
    A saúde de Michka, unha muller independente e culta, reséntese, polo que xa non pode vivir soa e ingresa nunha residencia da terceira idade. A afasia que padece fai que confunda as palabras e se perda seguido nas conversas; amais, as súas noites énchense de pesadelos nos que recibe reproches pola súa repentina vulnerabilidade. Tanto Marie, a súa veciña, coma Jérôme, o logopedis...
    En stock

    15,00 €

  • O CRIME DE PSICHIKO
    O CRIME DE PSICHIKO
    NIRVANAS, PAVLOS
    O crime de Psichiko publicouse en forma de folletín en 1928. Malia non responder exactamente ás características do xénero policial tal e como o coñecemos na actualidade, constitúe unha hábil parodia das novelas construídas ao redor dun crime. Pavlos Nirvanas sérvese da trama para satirizar aspectos como o exacerbado sensacionalismo da prensa, o sistema penitenciario, a desidia ...
    En stock

    15,00 €

  • CARTOS
    CARTOS
    BENEDICTSSON, VICTORIA
    Polo marco, a temática, as características da protagonista e o desenlace, Cartos (1885) ten moito de novela autobiográfica, e fai que Benedictsson brille con luz propia dentro da corrente feminista sueca do século XIX, co foco posto na institución do matrimonio, na eventual separación e, dun modo máis xeral, nas limitacións impostas ás mulleres, para o caso as burguesas.Selma B...
    En stock

    16,50 €

  • O NENO PERDIDO
    O NENO PERDIDO
    WOLFE, THOMAS
    O neno perdido é unha das obras máis conmovedoras de Wolfe, quen acadou neste tipo de novelas curtas o seu cumio narrativo e estilístico. A acción localízase en St. Louis (Misuri) en 1904, a onde a familia de Grover Wolfe, o neno perdido, se despraza para residir durante sete meses co gallo da Exposición Universal.As catro partes da novela teñen o propósito de, con cadansúa oll...
    En stock

    14,00 €

  • OS TARDEIROS
    OS TARDEIROS
    BROOKNER, ANITA
    Con Os tardeiros, novela que Brookner consideraba a mellor da súa produción, asistimos a máis de medio século de amizade entre Hartmann e Fibich, dous seres con vidas paralelas pero con formas ben diferentes de xestionar o seu duro pasado. Orfos tras a desaparición das súas familias polo cataclismo da Segunda Guerra Mundial, foxen da Alemaña nazi cando nenos –Hartmann de Múnic,...
    En stock

    15,00 €

  • THÉRÈSE DESQUEYROUX
    THÉRÈSE DESQUEYROUX
    MAURIAC, FRANCOIS
    Thérèse Desqueyroux, publicada orixinalmente en 1927, é a obra máis celebrada de François Mauriac, escritor distinguido co Nobel de Literatura en 1952 que converteu os conceptos de culpa, compromiso e xustiza en piares do seu labor. En 1950, a obra foi recoñecida por un xurado especializado como unha das doce mellores novelas en lingua francesa da primeira metade do século XX.T...
    En stock

    15,00 €

  • O ESTOICO
    O ESTOICO
    Sylvanus Heythorp, cuxas empresas se atopan na bancarrota, pasa os derradeiros días da súa axitada vida centrado en asegurarlles un futuro á súa nora, Rosamund, e aos seus netos, Phyllis e Jock, malia seren os descendentes dun seu ?llo ilexítimo froito dun amor de xuventude. A pesar dos modos brutáns e da expresión seca do vello, hai nel, no fondo, unha certa dignidade e nobrez...
    En stock

    14,00 €

  • AS NOSAS NORMAS
    AS NOSAS NORMAS
    ALMQVIST, CARL JONAS LOVE
    Durante unha travesía polo lago Mälaren entre Estocolmo e Arboga, o sarxento Albert coñece a Sara Videbeck. Ela, orfa de pai, rexenta unha vidraría en Lidköping, a onde regresa tras unha viaxe de negocios. Ao longo do traxecto, ambos os mozos estreitarán lazos e proxectarán unha vida en común baseada nunha relación de igual a igual, algo irrenunciable para ela.A controversia le...
    En stock

    14,50 €

  • O OBRADOIRO DE VIDRO
    O OBRADOIRO DE VIDRO
    KOUMANTAREAS, MENIS
    Bempa Tantis, outrora idealista, combina certo pulo emprendedor co encanto físico e unha aura gaioleira. Consome a vida entre un negocio non demasiado boiante, un marido abúlico que a idolatra en silencio, dous empregados servís e ilusións de improbable consecución.Son os alicerces nos que Menis Koumantareas apoia o edificio desta novela urbana, interpretable como elexía do des...
    En stock

    15,00 €

  • NA NÉBOA
    NA NÉBOA
    HARDING DAVIS, RICHARD
    Na néboa, publicada orixinalmente en 1901, é unha hábil historia detectivesca –só que sen detectives– e asemade un logrado exemplo de novela enigma. Como acontece con outros textos do autor, a aposta decidida polo humor e o entretemento intelixente serán claves no artellamento da trama, unha sorte de whodunit, onde de maneira lúdica e misteriosa se lanzan pistas até por fin che...
    En stock

    12,00 €

  • A HONRA E OS CARTOS
    A HONRA E OS CARTOS
    THEOTOKIS, KONSTANTINOS
    A acción enmárcase nunha vila da illa de Corfú e céntrase na relación amorosa que manteñen Andreas e Rini, a cal transgride os usos sociais –ao ser el fillo dunha ilustre estirpe vinda a menos, e ela a primoxénita dunha familia humilde– e se ve pexada polo egoísmo e os intereses creados. Nese sentido, adquire unha especial relevancia a enérxica caracterización da personaxe da s...
    En stock

    13,00 €

  • A LÚA E SEIS PENIQUES
    A LÚA E SEIS PENIQUES
    SOMERSET MAUGHAM, W.
    O narrador en primeira persoa, un aspirante a escritor, seguirá os pasos de Charles Strickland, un anódino axente de cambio residente en Londres que se revela como un home túzaro, egocéntrico e obsesivo; así, unha vez que decide facer da pintura a súa razón de ser, Strickland non vacilará en renunciar á súa vida acomodada e principiar, con inusitada intrepidez, unha desconcerta...
    En stock

    15,50 €

  • O LONGO ADEUS
    O LONGO ADEUS
    CHANDLER, RAYMOND
    O longo adeus, publicada en 1953 e galardoada dous anos máis tarde co Premio Edgar que concede a Asociación de Escritores de Misterio dos Estados Unidos de América, está considerada a obra mestra de Raymond Chandler. Herdeira do estilo crítico e realista de Dashiell Hammett, o tempo converteuna nun clásico da narrativa negra.O detective Philip Marlowe axuda a marchar do país a ...
    En stock

    15,00 €

  • O DERRADEIRO VERÁN
    O DERRADEIRO VERÁN
    HUCH, RICARDA
    O derradeiro verán. Unha narración epistolar publicouse por vez primeira en lingua alemá en 1910 e está considerada unha das obras de ficción máis relevantes da intelectual Ricarda Huch, candidata ao Premio Nobel até en sete ocasións. A autora, hábil evocadora de grandes momentos históricos, recrea nesta novela breve a Rusia de comezos do século XX a partir dun centenar de cart...
    En stock

    14,50 €

  • A PESTE
    A PESTE
    CAMUS, ALBERT
    A peste (1947), xa dende a cita inicial, convida a reflexionar sobre a forma na que o ser humano arrostra e supera o mal, ao tempo que afonda na importancia das actitudes individuais e colectivas na loita contra o sufrimento.En Orán, na década dos corenta do século XX, as ratas mortas inzan paseniño as rúas a medida que se estende a enfermidade. Tras moitas reticencias, as auto...
    En stock

    16,00 €

  • APROPIACIÓN INDEBIDA
    APROPIACIÓN INDEBIDA
    ANDERSSON, LENA
    Apropiación indebida: unha novela sobre o amor supuxo un auténtico fenómeno editorial en Suecia. No suxestivo escenario dun Estocolmo que irá mudando co paso das estacións, a douta ensaísta Ester Nilsson principia unha relación non sempre clara co artista Hugo Rask a partir dunha conferencia que imparte sobre a súa obra. Con tal premisa, e por medio dos actos e das elucubración...
    En stock

    15,00 €

  • PEQUENA INGLATERRA
    PEQUENA INGLATERRA
    KARISTIANI, IOANNA
    Pequena Inglaterra é unha das novelas máis senlleiras e vendidas da literatura grega contemporánea. Publicada por vez primeira en 1997 en Atenas, reportoulle á súa autora, a cretense Ioanna Karistiani, o Premio Nacional de Literatura de Grecia. Dende aquela, sucedéronse as reimpresións e as traducións a multitude de linguas. Co mar Exeo e con Andros, a máis setentrional das ill...
    En stock

    16,50 €

  • FILIBUTH OU O RELOXO DE OURO
    FILIBUTH OU O RELOXO DE OURO
    JACOB, MAX
    A novela Filibuth ou o reloxo de ouro, publicada en Francia en 1923, é representativa do Max Jacob escritor: posuidor dun estilo arbóreo, atropelado, rompedor e nada habitual. Coa pretensión de se burlar da loucura e da mala fe dos seus semellantes, a historia constrúese a partir das peripecias dun reloxo, o cal, tras ser adquirido en 1804, é herdado pola viúva Lafleur, quen o ...
    En stock

    16,00 €

  • NÓS
    NÓS
    ZAMIATIN, EVGENII
    Evgenii Zamiatin escribiu esta novela nutricia da ciencia ficción distópica entre 1919 e 1921. Porén, debido á censura soviética –suprimida en 1988–, o autor non puido vela publicada na súa lingua orixinal e tivo que se conformar coa tradución ao inglés na editorial norteamericana Dutton, en 1924. Sucederíanse entón as traducións, tanto dende o manuscrito ruso (ao checo, por ex...
    En stock

    16,00 €

  • OS SALGUEIROS
    OS SALGUEIROS
    Os salgueiros, publicado en 1907 como parte da colección The Listener and Other Stories, é, en palabras de H. P. Lovecraft, «o mellor relato sobrenatural xamais escrito» e «conforma en por si unha categoría especial da literatura espectral». Dous aventureiros –o narrador e mais o sueco– emprenden unha viaxe en canoa polo maxestoso río Danubio que nun momento dado os leva a acam...
    En stock

    11,50 €

  • COLLEITA VERMELLA
    COLLEITA VERMELLA
    HAMMETT, DASHIELL
    Colleita vermella publicouse por vez primeira nos Estados Unidos de América en 1929. Trátase dunha obra pioneira do xénero negro, hoxe considerada pola crítica como unha das mellores novelas en lingua inglesa do século XX. Para amantes do hard-boiled, é de lectura inescusable: porque serve de modelo para a multitude de obras pulp que virían despois (non só na literatura senón t...
    En stock

    16,00 €

  • O VERAN SEN HOMES
    O VERAN SEN HOMES
    HUSTVEDT, SIRI
    É verán en Minnesota. Mia Fredricksen, profesora universitaria e poeta na cincuentena, debe facer fronte á decisión do seu home, Boris Izcovich, de interromper a relación conxugal que ambos manteñen dende hai trinta anos. O motivo: unha moza coa que el inicia unha aventura amorosa. Así arrinca unha historia que transcende a literatura de xénero e na que xogan un papel fundament...
    En stock

    16,50 €

  • MOCIDADE
    MOCIDADE
    CONRAD, JOSEPH
    Esta novela curta, Mocidade, foi publicada orixinalmente en lingua inglesa no ano 1898 na Blackwood's Magazine, e catro anos máis tarde como volume de seu. Inscríbese na chamada narrativa marítima, un xénero que Joseph Conrad apreciaba e dominaba con mestría. Trátase ademais dunha obra até certo punto iniciática na que a historia se estrutura a partir da lembranza dunha viaxe a...
    En stock

    11,50 €

  • NO CEO
    NO CEO
    MIRBEAU, OCTAVE
    No ceo, a cuarta obra narrativa que Octave Mirbeau asina co seu nome, apareceu nas páxinas de L’Écho de Paris entre setembro de 1892 e maio de 1893, e nunca contou en vida do autor cunha edición en volume independente. Impregnada dun pesimismo aciago —non en van o autor atravesaba daquela unha fonda crise persoal e literaria—, a obra evoca sen concesións o carácter tráxico da c...
    En stock

    13,50 €

  • KALLOCAÍNA
    KALLOCAÍNA
    BOYE, KARIN
    Kallocaína, publicada orixinalmente en 1940, é a última e máis importante novela de Karin Boye, unha autora fundamental das letras suecas, tanto na súa faceta de narradora como na de poeta. Trátase dunha novela de ciencia ficción cun evidente carácter distópico. A súa aparición é posterior en oito anos a Un feliz mundo novo, do inglés Aldous Huxley, anterior tamén en oito a 198...
    En stock

    15,00 €

  • NOUTRO PLANETA
    NOUTRO PLANETA
    INFÁNTIEV, PORFIRI P.
    Noutro planeta, escrito en 1896 pero que inicialmente non pasou a censura e só se publicou en 1901, con importantes fragmentos e capítulos enteiros desbotados, relata, como sinala o subtítulo, a historia da vida dos habitantes de Marte. No planeta vermello viven uns seres benevolentes e tecnoloxicamente moi avanzados capaces de espertar o interese de calquera. Infántiev, creado...
    En stock

    13,00 €

  • O XINETE DO CABALO BRANCO
    O XINETE DO CABALO BRANCO
    STORM, THEODOR
    O xinete do cabalo branco, novela curta escrita en lingua alemá por Theodor Storm, veu a luz por vez primeira en 1888 nas páxinas da revista Deutsche Rundschau. O histórico territorio da Frisia setentrional sérvelle ao autor como marco para a reconstrución dunha lenda popular transmitida de xeración en xeración: cóntase que unha figura espectral cabalga sobre as marismas ao lom...
    En stock

    13,00 €


01 02