- Editorial:
- EDITORIAL HUGIN E MUNIN
- Año de edición:
- 2016
- ISBN:
- 978-84-944422-1-6
- Páginas:
- 66
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Colección XX
MOCIDADE
UN RELATO
CONRAD, JOSEPH
Esta novela curta, Mocidade, foi publicada orixinalmente en lingua inglesa no ano 1898 na Blackwood's Magazine, e catro anos máis tarde como volume de seu. Inscríbese na chamada narrativa marítima, un xénero que Joseph Conrad apreciaba e dominaba con mestría. Trátase ademais dunha obra até certo punto iniciática na que a historia se estrutura a partir da lembranza dunha viaxe a Oriente que o protagonista, o mariñeiro Charles Marlow (o mesmo Marlow de Lord Jim, Chance ou Corazón da escuridade), rememora para gozo dos seus compañeiros. A partir desa sinxela premisa, o autor aproveita para trasladar á ficción unha vella travesía real súa a Bangkok, a cal supuxo o seu bautismo como aguerrido home de mar.
Dáse neste texto unha interesante mestura de aventura e lirismo. Difícil será que non deixe pegada nos lectores o amor pola navegación que destila cada páxina. A melancolía, o realismo e a sensación constante de perigo e ameaza que envolven o barco protagonista do relato, o Judea, farán o resto.