- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-1176-198-7
- Páginas:
- 164
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Literaria
AS JERMAINE
ALONSO SEISDEDOS, MARÍA
O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario.
Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cuberta dunha cámara escura alumada por unha tenue lámpada da cor do sangue, que somos efémeros actores do presente e peóns do pasado, movidos polos fíos que manexa quen sabe se o demo ou a xenética, e abocados a precipitarse no nada que é o futuro.
A illa de Aruba, Rotterdam e Galicia son os escenarios sobre os que van pairando toeiros de misterios en que se contén o verde dun mar avolto herdado e que cando rebentan só dispersan tebras e máis tebras.