0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA S.A. / Colección : Literaria 202 resultados

  • O ENXOVAL DA NOIVA
    O ENXOVAL DA NOIVA
    FREIXANES, VÍCTOR
    Nos derradeiros días de 1501, a princesa Lucrecia Borgia, filla do papa Alexandre VI, casa por poderes en terceiras nupcias co vinculeiro de Ferrara, Afonso de Este. Para magnificar o acontecemento, o pontífice ordena adiantar ese ano a celebración do Entroido ao Nadal, exhibición de poder diante da curia, as grandes potencias de Occidente e as familias romanas. Partindo de fei...
    En stock

    20,30 €

  • PIROTECNIA
    PIROTECNIA
    RAMOS, ALBERTO
    Cando a Pirotecnia QuiGarSA estoura, parte da súa cuberta aterra a case dous quilómetros de distancia e a onda expansiva absorbe o aire que a rodeaba.E o aire é o que lles falta aos homes e mulleres protagonistas desta novela coral, onde asistimos aos efectos que tan tráxico suceso causa na familia propietaria da pirotecnia, nos veciños da vila, na opinión pública e na clase po...
    En stock

    16,10 €

  • A RÚA DAS PREGUNTAS
    A RÚA DAS PREGUNTAS
    GONZÁLEZ GÓMEZ, XESÚS
    A mediados dos anos cincuenta os habitantes da vila saben gardar os segredos e agachar as verdades. Mais non poden evitar que desde distintas frontes se procuren resolver uns crimes e a identidade dos protagonistas dunha historia que Xesús González Gómez debulla entre preguntas, medos, silencios e manipulacións. ...
    En stock

    18,50 €

  • BAIXO O CEO DE XEO
    BAIXO O CEO DE XEO
    PÉREZ BOTE, ADRIÁN
    A aldea de Eled é unha faísca que, durante eóns, persiste rodeada de escuridade sen fin. Agora, un mal antigo e poderoso toma forma demasiado preto, e Minë, explorador, persegue o xeito de protexer o seu fogar. Para iso vai precisar astucia, valor e unha vontade irredutíbel.Roi goza dunha existencia apracíbel en Nova Nara, un hábitat artificial que orbita unha estrela afastada ...
    En stock

    21,50 €

  • SÁBEME A SALAMÁNTIGA O CEO DA BOCA
    SÁBEME A SALAMÁNTIGA O CEO DA BOCA
    CEQUELIÑOS, CÉSAR
    Ano 1905. A estraña parella composta por Ícaro Añón, mozo xornalista afincado en Lisboa, e Madame Dax, especialista estadounidense do oculto, encaran un misterio que enfronta o visible coas enerxías invisibles. Serán quen de entender que está azoutando con tal violencia a próspera cidade de Vigo?Nesta novela cómica de aventuras de ambientación histórica, o xurado do Premio Torr...
    En stock

    27,00 €

  • FORMAS BREVES DE PENSAMENTO
    FORMAS BREVES DE PENSAMENTO
    VILLALTA, LUÍSA
    Luísa Villalta entendía a literatura como unha das artes da sedución. E, nestas Formas breves de pensamento, que compilan textos do seu legado literario, maiormente inéditos, sedúcenos na distancia curta e íntima da brevidade e a precisión.Palabras destiladas ao máximo en forma de aforismos, haikus, reflexións e breves poemas, esencia mesma desa vida tan diferente, a arte, pois...
    En stock

    15,50 €

  • FANECA BRAVA
    FANECA BRAVA
    PORTAS, MANUEL
    A prima Concha é unha muller singular. Homes singulares sempre os houbo. Algúns chegan a ser recoñecidos por esa singularidade. No caso das mulleres —se cadra non, seguro—, o recoñecemento é para moi poucas. A vara de medir non é a mesma. Mais elas están aí, Concha está aí.Só de cando en vez, a vida anónima dunha muller coma ela sae á luz e eríxese, grandiosa, na afirmación da ...
    En stock

    21,50 €

  • A NOITE DO OSO
    A NOITE DO OSO
    TOMÉ, ABEL
    É 1984. Despois de tanto tempo, a xornalista Alexandra Moure regresa dende a capital á súa vila natal para acudir ao enterro do seu avó. Os días que pasa na casa familiar son unha continua revelación para ela, onde comeza a ser consciente dos feitos que a comunidade construíu durante anos, ocultos tras o silencio. Historias de nazis, da guerra, da mitoloxía, da morte…Alexandra ...
    En stock

    19,40 €

  • COUSAS DE FARRUCO
    COUSAS DE FARRUCO
    BERNAL, XOSÉ LUÍS (FARRUCO)
    Son Farruco Louro Lestedo, e alá polos anos sesenta do século pasado fun concibido nos miolos dun urbanita chamado Xosé Luís Bernal.Traballei na radio e televisión e alanquei por escenarios de toda Galicia referindo contos, lendas e caralladas, polo que recibín gabanzas e parabéns, pero tamén algunha couce ben dada.Nas páxinas que seguen contareivos algúns contos que fun debull...
    En stock

    16,30 €

  • O TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA
    O TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA
    VEGA, REXINA
    "O teu perfil na miña sombra" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de corpos...
    En stock

    17,15 €

  • AS JERMAINE
    AS JERMAINE
    ALONSO SEISDEDOS, MARÍA
    O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario.Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cuberta dunha cámara escura alumada por unha...
    En stock

    17,60 €

  • CONTRABIOGRAFÍA
    CONTRABIOGRAFÍA
    LÓPEZ LÓPEZ, XABIER
    Contrabiografía non é unha biografía á contra. Máis ben é unha autobiografía inversa, unha velada chiscadela ao Everybody’s Autobiography, de Gertrude Stein, onde se nos ensinou que a mellor maneira de falar dun mesmo é falar deles, dos outros, daquelas persoas e espazos contra os que nos recortamos coma unha sombra.Texto da estirpe dos híbridos, o motor de Contrabiografía é un...
    En stock

    20,00 €

  • LOBOS NAS ILLAS
    LOBOS NAS ILLAS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe o territorio literario de Aleixandre…Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa intención é...
    En stock

    16,90 €

  • QUEN ESCRIBIRÁ A MIÑA HISTORIA?
    QUEN ESCRIBIRÁ A MIÑA HISTORIA?
    MORGADE, IRIA
    As persoas presas no campo de concentración fronte ao mar non paraban de debuxar nas paredes do mosteiro. Facíano quizais para voar lonxe do horror. Tamén escribían, deixando nos muros as súas últimas mensaxes, os seus derradeiros pensamentos.Unha desas frases convértese para Alba nun enigma que é preciso resolver. Intentalo levaranos a unha viaxe entre os anos trinta e o novo ...
    En stock

    22,10 €

  • BÍCAME, FRANK
    BÍCAME, FRANK
    FERNANDEZ, MIGUEL ANXO
    Frank Soutelo continúa en Galicia e agora está indignado.Todo comeza co roubo do manuscrito de "Vento mareiro", de Cabanillas, e despois co dun valioso papiro exipcio vinculado ás revoltas da primavera árabe. Demasiada xente quere o papiro, ao prezo que sexa... Soutelo sospeita que todo ten que ver coa aparición dun cadáver sen mans na praia da Lanzada.Coa súa retranca caracter...
    En stock

    21,50 €

  • O HOME QUE MATOU A ANTÍA MORGADE
    O HOME QUE MATOU A ANTÍA MORGADE
    PORTABALES, ARANTZA
    Seis amigos reencóntranse despois de vinte anos nunha cea o 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. Baixo o estrondo dos brindes e dos fogos artificiais, un disparo remata coa vida dun deles. O inspector Santiago Abad e a subinspectora Ana Barroso terán que enfrontarse a este crime nunha nova e apaixonante investigación, e to-do apunta a que é, no pasado común deses com...
    En stock

    20,90 €

  • A AGONÍA DAS FOLERPAS (II PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2022)
    A AGONÍA DAS FOLERPAS (II PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2022)
    REBOIRAS LOUREIRO, ÓSCAR
    A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas.Unha noviña xornalista chega por casualidade ao lugar. O que en principio é un achado arqueolóxico, convértes...
    En stock

    25,40 €

  • ILLA DECEPCIÓN
    ILLA DECEPCIÓN
    DÁVILA, BERTA
    PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2020¿Que queda de nós nas casas onde vivimos noutro tempo? Se algo permanece nelas, ¿pódese acceder a aqueles momentos, ás sensacións idas? A protagonista desta novela expándese en dúas direccións aparentemente opostas: a do vencello cotián co seu fillo durante o confinamento e a do resto daquela nena que aínda perdura na súa imaxinación. Así, m...
    En stock

    16,75 €

  • BELEZA VERMELLA
    BELEZA VERMELLA
    PORTABALES, ARANTZA
    Logo do éxito de Deixe a súa mensaxe despois do sinal, regresa Arantza Portabales cunha novela negra arrasadora. En Santiago cométese un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda. Todo o cuart...
    En stock

    21,00 €

  • O ÚLTIMO BARCO
    O ÚLTIMO BARCO
    VILLAR, DOMINGO
    Afilla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera ...
    En stock

    23,95 €

  • DEIXE A SUA MENSAXE DESPOIS DO SINAL
    DEIXE A SUA MENSAXE DESPOIS DO SINAL
    PORTABALES, ARANTZA
    As historias poden contarse de moitas formas.Mais poucas tan orixinais coma esta, deslumbrante, que nos propón Arantza Portabales neste segundo libro logo do éxito sen discusión da súa anterior novela, Sobrevivindo.Un mollo de voces que deixan mensaxes nun contestador. Historias de moitas almas que imos construíndo a medida que escoitamos o que se deixa nun aparello, frío, que,...
    En stock

    21,50 €

  • NORDESTE
    NORDESTE
    ASOREY, DANIEL
    No bergantín Leboreiro, volve a unha Compostela poderosa e marítima Carme de Candingas, vedora maior da República das Santas Irmandades da Galiza. Recibira a orde de visitar as colonias que a patria posuía no Nordeste brasileiro. Naqueles territorios arredados debeu comprobar se o goberno da Compañía Galega de Indias concordaba cos principios xurdidos, había máis de douscentos ...
    En stock

    16,90 €

  • AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS
    AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións.Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se converte...
    En stock

    25,15 €

  • CAMIÑOS NA AUGA
    CAMIÑOS NA AUGA
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos ig...
    En stock

    21,50 €

  • AMOR E UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA
    AMOR E UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA
    CASTRO, FRANCISCO
    Carla, a protagonista desta novela, organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta. O amor aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas cursis. Carla, en definitiva, organiza a vida arredor de seu home, pero, que acontece cando ese centro de gravidade un día colle a porta e marcha?, e que acontece ...
    En stock

    20,00 €

  • O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN
    O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN
    DÁVILA, BERTA
    Emma Olsen afronta os seus derradeiros meses de vida afectada por unha enfermidade terminal e sabe que a morte non tardará en chegarlle. Mais Emma Olsen é escritora, e decide dedicar o tempo que lle queda a rematar unha novela que non é exactamente unha novela, senón unha crónica en primeira persoa dos anos máis importantes da súa vida, os do final da adolescencia. Escribe para...
    En stock

    15,90 €

  • CIRCE OU O PRACER DO AZUL
    CIRCE OU O PRACER DO AZUL
    CAAMAÑO, BEGOÑA
    Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só n...
    En stock

    22,40 €

  • A ESMORGA
    A ESMORGA
    BLANCO AMOR, EDUARDO
    A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a narrativa galega. A esmorga é a obra máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria...
    En stock

    16,00 €

  • QUE ME QUERES, AMOR?
    QUE ME QUERES, AMOR?
    RIVAS, MANUEL
    Este libro, un dos máis recoñecidos do autor, é un conxunto de relatos que rescatan a grandeza do pequeno. Manuel Rivas ofrécenos unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar. Un libro de extrema sensibilidade, que contén os contos que foron levados ao cine no filme A lingu...
    En stock

    19,20 €

  • MADE IN GALIZA
    MADE IN GALIZA
    SECHU SENDE
    Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza. Este l...
    En stock

    17,15 €


01 02 03 04 05 06 07