0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA S.A. / Colección : Literaria 197 resultados

  • FORMAS BREVES DE PENSAMENTO
    FORMAS BREVES DE PENSAMENTO
    VILLALTA, LUÍSA
    Luísa Villalta entendía a literatura como unha das artes da sedución. E, nestas Formas breves de pensamento, que compilan textos do seu legado literario, maiormente inéditos, sedúcenos na distancia curta e íntima da brevidade e a precisión.Palabras destiladas ao máximo en forma de aforismos, haikus, reflexións e breves poemas, esencia mesma desa vida tan diferente, a arte, pois...

    15,50 €

  • CONTOS GRINGOS
    CONTOS GRINGOS
    DOPAZO RUIBAL, LARA
    Nestes Contos gringos hai tornados, campos de millo, animais salvaxes, reptilianos, mortes inesperadas e moito, moito frío.Unha ducia de relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos. Desacougo e violencia, fenómenos naturais e segredos, bestas animais e bestas humanas.A realidade e o sobrenatural mestúranse, ata que é imposible distinguilos. ...

    16,40 €

  • FANECA BRAVA
    FANECA BRAVA
    PORTAS, MANUEL
    A prima Concha é unha muller singular. Homes singulares sempre os houbo. Algúns chegan a ser recoñecidos por esa singularidade. No caso das mulleres —se cadra non, seguro—, o recoñecemento é para moi poucas. A vara de medir non é a mesma. Mais elas están aí, Concha está aí.Só de cando en vez, a vida anónima dunha muller coma ela sae á luz e eríxese, grandiosa, na afirmación da ...

    21,50 €

  • PERO... COMO MORREN AS PEGAS?
    PERO... COMO MORREN AS PEGAS?
    GUZMÁN, ÓSCAR M.
    V Premio de Novela Vilar Ponte 2023Resulta curioso como a morte, a solución final que lle dá senso á vida, semella unha novidade abraiante en cada ocasión que nos toca de preto.Así lle acontece a Saladino Mariño, inspector xefe da Policía Nacional, cada vez que se chanta diante dun cadáver nunha das súas investigacións criminais. Desta volta, acompañado polo seu segundo, o inef...

    19,50 €

  • A NOITE DO OSO
    A NOITE DO OSO
    TOMÉ, ABEL
    É 1984. Despois de tanto tempo, a xornalista Alexandra Moure regresa dende a capital á súa vila natal para acudir ao enterro do seu avó. Os días que pasa na casa familiar son unha continua revelación para ela, onde comeza a ser consciente dos feitos que a comunidade construíu durante anos, ocultos tras o silencio. Historias de nazis, da guerra, da mitoloxía, da morte…Alexandra ...

    19,00 €

  • O QUE NON TEN PREZO
    O QUE NON TEN PREZO
    PACHO BLANCO, XOSÉ M.
    Se hai algo que nos diferencia dos animais é a capacidade de soñar, de sermos mellores. Esta historia pescuda na esencia do ser humano, dende Galicia ata a India, transitando por todos os lugares que poidamos imaxinar e empapándose de todas as vidas para entender o que realmente nos une. Porque un billete de cor púrpura pode cambiar o mundo, ou polo menos tentalo. Un mundo onde...

    16,50 €

  • COUSAS DE FARRUCO
    COUSAS DE FARRUCO
    BERNAL, XOSÉ LUÍS (FARRUCO)
    Son Farruco Louro Lestedo, e alá polos anos sesenta do século pasado fun concibido nos miolos dun urbanita chamado Xosé Luís Bernal.Traballei na radio e televisión e alanquei por escenarios de toda Galicia referindo contos, lendas e caralladas, polo que recibín gabanzas e parabéns, pero tamén algunha couce ben dada.Nas páxinas que seguen contareivos algúns contos que fun debull...

    16,30 €

  • HISTORIAS DE BARBANTIA
    HISTORIAS DE BARBANTIA
    AUTORES VARIOS
    Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte.Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír a súa prese...

    17,50 €

  • O TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA
    O TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA
    VEGA, REXINA
    "O teu perfil na miña sombra" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de corpos...

    16,70 €

  • AS JERMAINE
    AS JERMAINE
    ALONSO SEISDEDOS, MARÍA
    O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario.Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cuberta dunha cámara escura alumada por unha...

    17,60 €

  • CONTRABIOGRAFÍA
    CONTRABIOGRAFÍA
    LÓPEZ LÓPEZ, XABIER
    Contrabiografía non é unha biografía á contra. Máis ben é unha autobiografía inversa, unha velada chiscadela ao Everybody’s Autobiography, de Gertrude Stein, onde se nos ensinou que a mellor maneira de falar dun mesmo é falar deles, dos outros, daquelas persoas e espazos contra os que nos recortamos coma unha sombra.Texto da estirpe dos híbridos, o motor de Contrabiografía é un...

    20,00 €

  • LOBOS NAS ILLAS
    LOBOS NAS ILLAS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe o territorio literario de Aleixandre…Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa intención é...

    16,45 €

  • GROENLANDIA
    GROENLANDIA
    FERNANDEZ DAVILA, FRAN
    PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2023.Comeza 1995, o ano da guerra do fletán entre Canadá e os pesqueiros galegos que traballan preto de Terra Nova. Un mariñeiro case moribundo é atopado nunha balsa salvavidas e levado ata as illas dos Azores, onde esperta sen memoria e, mentres reconstrúe a súa identidade, nun dilema entre a lealdade matrimonial e o amor pola enfermeira que o coi...

    20,95 €

  • O PASO EN FALSO
    O PASO EN FALSO
    PÉREZ, ABRAHAM
    Manuel Bugallal é unha especie de Ulises posmoderno que gravita con lixeireza entre tres cidades: Santiago de Compostela, Lugo e Madrid, na procura da composición do quebracabezas que supón a descuberta do mundo e a identidade.O paso en falso pódese ler como unha novela de formación, inclusive de formación do artista; como unha novela política, existencial: un spleen cun sutil ...

    17,60 €

  • AS ALMAS MORTAS
    AS ALMAS MORTAS
    GÓGOL, NICOLÁI
    É Nikolai Gógol o fundador da gran tradición da literatura rusa e inspirador de moitos autores que o sucederon. En palabras de Dostoiesvki: “Todos saímos de embaixo do capote de Gógol”.A ambición do autor era retratar a Rusia toda nesta obra, nun argumento que lle foi proposto polo seu bo amigo e escritor Pushkin. A historia dun pequeno terratenente que se dedica a mercar labre...

    25,00 €

  • OS AFOGADOS
    OS AFOGADOS
    RAÑALES, PABLO J.
    Premio Illa Nova de Narrativa 2023Unha nova especie animal invadirá a Galicia do século XXI. Os afogados, uns seres compostos de cunchas, algas e navallas, emerxerán do máis fondo do Océano Atlántico e encherán todas e cada unha das praias. Transformarán as nosas paisaxes contemporáneas e retarán a sociedade galega con moitas preguntas: que queren?, a que agardan?, por que teñe...

    21,15 €

  • ENTOMOLOXÍA PARA MISIONEIROS
    ENTOMOLOXÍA PARA MISIONEIROS
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    PREMIO GARCÍA BARROS 2023O vinculeiro dunha podente familia de Capri, presbítero dunha relixión que se concibe a si mesma como a “Fe Verdadeira”, desaparece no cumprimento do seu labor misional nun territorio inhóspito habitado por pobos ignotos, que semellan pertencer máis ao mundo da lenda que ao da realidade. Os pais do misioneiro contratan a un experto antropólogo para loca...

    21,00 €

  • O HOME QUE MATOU A ANTÍA MORGADE
    O HOME QUE MATOU A ANTÍA MORGADE
    PORTABALES, ARANTZA
    Seis amigos reencóntranse despois de vinte anos nunha cea o 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. Baixo o estrondo dos brindes e dos fogos artificiais, un disparo remata coa vida dun deles. O inspector Santiago Abad e a subinspectora Ana Barroso terán que enfrontarse a este crime nunha nova e apaixonante investigación, e to-do apunta a que é, no pasado común deses com...

    19,90 €

  • A AGONÍA DAS FOLERPAS (II PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2022)
    A AGONÍA DAS FOLERPAS (II PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2022)
    REBOIRAS LOUREIRO, ÓSCAR
    A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas.Unha noviña xornalista chega por casualidade ao lugar. O que en principio é un achado arqueolóxico, convértes...

    24,40 €

  • A VIDA SECRETA DE ÚRSULA BAS
    A VIDA SECRETA DE ÚRSULA BAS
    PORTABALES, ARANTZA
    Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad. Tras a resolución do “caso Alén”, o asasinato que pouco máis dun ano antes fixera abalar os alicerces do mundo da arte e da sociedade galega, o inspector Abad e Ana Ba...

    22,10 €

  • ILLA DECEPCIÓN
    ILLA DECEPCIÓN
    DÁVILA, BERTA
    PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2020¿Que queda de nós nas casas onde vivimos noutro tempo? Se algo permanece nelas, ¿pódese acceder a aqueles momentos, ás sensacións idas? A protagonista desta novela expándese en dúas direccións aparentemente opostas: a do vencello cotián co seu fillo durante o confinamento e a do resto daquela nena que aínda perdura na súa imaxinación. Así, m...

    16,30 €

  • A PRAIA DOS AFOGADOS
    A PRAIA DOS AFOGADOS
    VILLAR, DOMINGO
    A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico ...

    23,00 €

  • CARRUSEL
    CARRUSEL
    DÁVILA, BERTA
    Unha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso vital coa intención de encontrarlle sentido a un pasado difícil, marcado pola doenza mental que padece.Enfrontar as propias pantasmas nun libro lévaa a mergullarse no pouso íntimo das vivencias que o tempo deixou atrás e nas afinidades ignotas e inusitadas que elaboran as lembranzas da súa...

    15,50 €

  • BELEZA VERMELLA
    BELEZA VERMELLA
    PORTABALES, ARANTZA
    Logo do éxito de Deixe a súa mensaxe despois do sinal, regresa Arantza Portabales cunha novela negra arrasadora. En Santiago cométese un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda. Todo o cuart...

    21,00 €

  • NORDESTE
    NORDESTE
    ASOREY, DANIEL
    No bergantín Leboreiro, volve a unha Compostela poderosa e marítima Carme de Candingas, vedora maior da República das Santas Irmandades da Galiza. Recibira a orde de visitar as colonias que a patria posuía no Nordeste brasileiro. Naqueles territorios arredados debeu comprobar se o goberno da Compañía Galega de Indias concordaba cos principios xurdidos, había máis de douscentos ...

    16,45 €

  • AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS
    AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións.Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se converte...

    25,15 €

  • CAMIÑOS NA AUGA
    CAMIÑOS NA AUGA
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos ig...

    21,50 €

  • AMOR E UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA
    AMOR E UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA
    CASTRO, FRANCISCO
    Carla, a protagonista desta novela, organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta. O amor aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas cursis. Carla, en definitiva, organiza a vida arredor de seu home, pero, que acontece cando ese centro de gravidade un día colle a porta e marcha?, e que acontece ...

    20,00 €

  • O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN
    O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN
    DÁVILA, BERTA
    Emma Olsen afronta os seus derradeiros meses de vida afectada por unha enfermidade terminal e sabe que a morte non tardará en chegarlle. Mais Emma Olsen é escritora, e decide dedicar o tempo que lle queda a rematar unha novela que non é exactamente unha novela, senón unha crónica en primeira persoa dos anos máis importantes da súa vida, os do final da adolescencia. Escribe para...

    15,50 €

  • CIRCE OU O PRACER DO AZUL
    CIRCE OU O PRACER DO AZUL
    CAAMAÑO, BEGOÑA
    Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só n...

    21,80 €


01 02 03 04 05 06 07