0
CAMIÑOS NA AUGA

CAMIÑOS NA AUGA

NUÑEZ SINGALA, MANUEL

21,50 €
IVE incluído
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2016
ISBN:
978-84-9865-684-8
Páxinas:
296
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
21,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

"Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos iguais? Esa é a pregunta sobre a que se artella unha historia que intenta reformular a ficción da "diferenza" contrapoñéndoa á igualdade proclamada nos inicios da Idade Moderna pola Ilustración e a Revolución Francesa (a Europa actual). Núñez Singala escribe unha novela de iniciación situada na África poscolonial: a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha viaxe iniciática, é o motivo que se desenvolve e mediante o cal o autor expón unha versión posmoderna da subxectividade, exemplificándoa nun caso de ambigüidade extrema, o dun individuo ?Szymo? cuxa identidade contradí as súas características físicas.
Dese xeito, a literatura acaba por ser reforzo nada banal dunha das cuestións centrais da posmodernidade, a da produción de subxectividade como estratexia de reformulación da sociedade civil. De aí a pertinencia narrativa de situar esa reformulación nun contexto poscolonial, contexto no que claramente se está a resolver un conflito identitario semellante ao do suxeito posmoderno mais no nivel da organización política, é dicir, no nivel das nacións como discurso da diferenza.

Artículos relacionados

  • CUANDO YA NADA ES URGENTE
    CUANDO YA NADA ES URGENTE
    PIQUERAS, PEDRO
    Tras más de cincuenta años de profesión, Pedro Piqueras, uno de los periodistas más reconocidos de nuestro país, anunció su retirada en una sincera despedida que nos emocionó a todos.Ahora, disfrutando de una vida más tranquila y lejos del directo, el autor se sumerge en un relato en primera persona que relativiza los éxitos y los fracasos, resalta el valor de los pequeños deta...

    20,90 €

  • O POVO IMPROVISADOR
    O POVO IMPROVISADOR
    SECHU SENDE
    Este livro está escrito mas fala de poesia oral. Fala de mistérios, aventuras e curiosidades do repente galego, um mundo cheio de oportunidades para mudar a realidade do século XXI com as vozes, as músicas e as palavras do povo. Improvisar implica abrir caminhos novos, fugir dos tópicos, com criatividade e rebeldia. Porque se fizeres o que sempre fizeste, terás o que sempre tiv...

    16,00 €

  • OCHO JUEVES
    OCHO JUEVES
    DEL RÍO, PABLO
    Una historia que te lleva hasta los últimos recovecos del alma humana, pues a las montañas les gusta guardar secretos.Del autor de Doce abuelas, una nueva novela llena de ingenio y giros inesperados con toques de humor irónico.El hallazgo de un esqueleto en una cueva cántabra y el ataque deliberado a un tenista famoso tiene un solo punto de conexión: un hospital en Santander. ¿...

    11,90 €

  • UXOA, EL SECRETO DEL VALLE
    UXOA, EL SECRETO DEL VALLE
    SAN BASILIO, PALOMA
    Tras la muerte de su hermana mayor y compañera de vida, Ágara abandona, desolada, el hogar de la familia en el madrileño barrio de Chamberí para refugiarse en Uxoa, el caserío heredado en el valle de Baztán, en Navarra.Allí va recuperando la calma perdida, al mismo tiempo se despierta en ella la necesidad de bucear en sus orígenes, para así saber cómo Uxoa, la preciada reliquia...

    23,90 €

  • AHORA QUE VUELVO A VIVIR
    AHORA QUE VUELVO A VIVIR
    GORRO, TAMARA
    ¿Alguna vez te has sentido perdido, sin rumbo, con miedo y atrapado en tus inseguridades?Este libro es un espejo en el que te verás reflejado y donde Tamara Gorro, después de pasar por una depresión, reflexiona sobre los temas de la vida cotidiana que nos afectan: los complejos, el dolor, el duelo, la soledad o la autoexigencia.Pero más allá de las dificultades con las que nos ...

    18,90 €

  • SEIS COCODRILOS
    SEIS COCODRILOS
    DEL RÍO, PABLO
    Los mejores amigos pueden ser los peores enemigos Una mujer recoge conchas en una playa de la costa sur inglesa. Al levantar la vista, advierte la silueta de un motorista cayendo des­de un acantilado. Seis días antes, un inglés adinerado se presenta en una joyería de Londres con un anillo que el joyero reconoce al instante, y que tiene algo de perturbador.Mientras tanto, Ad...

    21,90 €

Outros libros do autor

  • ATRANCO NO BANCO
    ATRANCO NO BANCO
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto....

    12,95 €

  • O ACHADO DO CASTRO
    O ACHADO DO CASTRO
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    O autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e...

    12,60 €

  • COMEDIA BÍFIDA
    COMEDIA BÍFIDA
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    Cómpre que esteades mortos para participardes nesta farsa do xuízo final. Se non o estades, quizais poidades asistir a este encontro con algunhas das situacións que a diario vivimos en relación co galego. Dispoñédevos a rir, sorrir e pensar. Porque algunhas das cousas que facemos e dicimos sobre a nosa lingua non as entende nin san Pedro. ...

    14,15 €

  • NOITE DE TEMPORAL
    NOITE DE TEMPORAL
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    A madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor correo Santa Isabel, con 270 persoas a bordo, afrontou un terrible temporal nas costas galegas. Esta novela, rigorosamente documentada, narra con ritmo vibrante os extraordinarios acontecementos daquela noite memorable. As reaccións da tripulación e da pasaxe, e a heroica actuación dos habitantes da costa que acudiron no seu auxilio c...

    13,35 €

  • SACAR A LINGUA É DE MALA EDUCACIÓN
    SACAR A LINGUA É DE MALA EDUCACIÓN
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    A aprendizaxe de idiomas, así, en plurarl, é algo para o que os nenos e nenas de todo o mundo están perfectamente capacitados e para o que nacen dotados dunhas aptitudes excepcionais que só é preciso desenvolver e aproveitar. Ao longo deste volume expóñense de maneira sinxela e clara os motivas polos que todos os habitantes de Galicia deberían ser competentes das dúas linguas o...

    15,10 €

  • INSTRUCIONS PARA TOMAR CAFÉ
    INSTRUCIONS PARA TOMAR CAFÉ
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    Conxunto de relatos cos que consegue reunir o que ben poderían ser catro volumen nun único e engaiolador libro.Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: e...

    16,00 €