
- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-9151-487-9
- Páginas:
- 160
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Literaria
BENVIDOS Á CIDADE
SIERRA VELOSO, XURXO
O comando de liberación animal entrou na granxa e abriu as gaiolas.
Milleiros de visóns americanos, máis grandes e feros do que anunciaban as enciclopedias, foxen ás carreiras. Non se espallan polos montes dos arredores, senón que van cara á cidade sen nome. Alí viven persoas como Urbano e Nati, preocupados pola tardanza da súa filla; ou Celso, un traballador de banca que coñeceu tempos mellores; ou a misteriosa Lady Constance, que talvez coñeza de primeira man os proxectos do comando.
Todos ignoran que a noite do venres vai estar chea de perigos. Os mustélidos que escaparon da granxa non só posúen feitura fermosa e lixeireza de movementos, senón que tamén teñen instinto asasino e dentes longos e afiados. As rúas están ateigadas de cidadáns que festexan a primavera. Non sospeitan que a morte se agocha baixo a aparencia inocente dun animal de pel escintilante.