- Editorial:
- EVEREST GALICIA
- Año de edición:
- 2010
- ISBN:
- 978-84-403-1140-5
- Páginas:
- 48
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- RAÑACEOS
CARAPUCHIÑA EN ROSE
GRACIÁN, ÁNXELA
Érase unha vez unha nena á que todo o mundo coñecía polo seu fermoso abrigo vermello con carapucha. Cada semana ía visitar á súa avoa, que vivía ao outro lado do bosque, para levarlle unha cesta chea de lambuzadas. Un día bateu con Lobo. Parecía tan educado, tan atractivo, tan engaiolador, tan respectable? non puido evitar namorarse del?.
Carapuchiña "en rose" mantén un diálogo intertextual co conto clásico de Charles Perrault, revisando os roles clásicos femininos e masculinos, e lendo criticamente os modelos de amor que en moitos destes contos reais marabillosos se propoñen. Nesta nova versión de Carapuchiña, as mulleres toman conciencia da idealización do concepto de amor que lles vén imposto dende a máis tenra infancia reflexionando como, en ocasións, estes modelos de amor non son máis ca trampas que agochan actitudes machistas e misóxinas, cuxa finalidade é subxugar as mulleres baixo o poder masculino, patriarcal e dominante. Sen dúbida, Carapuchiña "en rose" é un relato orixinal no que a autora e o ilustrador realizan un excelente diálogo coa tradición contística, demostrando que todo é posible en literatura e que non existen fronteiras posibles.