
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-8464-456-9
- Páginas:
- 160
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Biblioteca de teatro
CITIZEN
CHEVERE
Que historias nos corresponde contar a nós enriba dun escenario?
Como as debemos contar? Porque a de Zara era unha historia
xunto á que medramos e que acadara unha dimensión global.
Era ao mesmo tempo un caso de éxito individual e a confirmación
do fracaso colectivo como país
[Fragmento do limiar de Xesús Ron: A extrema sinxeleza do teatro]
Citizen é teatro de texto, teatro documental, performance, comedia, audiovisual. Esta obra pregúntase onde empeza a realidade e onde remata a ficción. É o que para Chévere significa facer teatro aquí
e agora. Trátase dunha ficción baseada na figura de Amancio
Ortega, que nos últimos 40 anos creou un imperio global afincado
en Galicia, na periferia do sistema económico. Con este trasfondo, Citizen é unha oportunidade para reflexionar, ironizar e cuestionar os efectos da globalización en relación coas nosas identidades individuais e colectivas.