- Editorial:
- EDICIÓNS POSITIVAS
- Año de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-128055-4-3
- Páginas:
- 286
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
CIUDAD DE LA SELVA
HISTORIA E ARQUEOLOXÍA DA GUERRILLA NOS MONTES DE CASAIO
AUTORES VARIOS
E con esta mochila cargada de preguntas comezamos a camiñar os montes de Casaio na procura da Ciudad de la Selva, como guerrilleiros contemporáneos. O proxecto de investigación para comprender esta cidade comezou en 2017. Dende entón, e tras ducias de saídas ao campo e (re)apertura de camiños, ás veces con machete e sempre guiados polo noso guía Francisco Fernández, fomos capaces de documentar un total de 18 campamentos e cerca de 60 estruturas vencelladas co desenvolvemento da guerrilla entre os anos 1937 e 1951, ano en que os últimos guerrilleiros deixaron estes montes. Tivemos a oportunidade, ademais, de escavar 11 destas estruturas, que deron como resultado o que podemos considerar o conxunto máis relevante de materiais arqueolóxicos ligados a unha guerrilla de toda Europa e, posibelmente, de todo o mundo. Todo isto revela a importancia da Ciudad de la Selva non só como un elemento un xacemento, diremos fundamental para comprender o desenvolvemento do fenómeno guerrilleiro no noroeste peninsular e no Estado español, senón tamén como referente memorial no presente. Este volume trata de recoller todo o que puidemos aprender destes traballos para sacar da ausencia esta cidade.
.
(da Introdución)