
- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-9151-790-0
- Páginas:
- 308
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Letras galegas
FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. POETA NA TERRA, NA GUERRA E NO EXILIO. ANTOLOXÍA PO
ALONSO MONTERO, XESÚS
É Florencio Delgado Gurriarán un escritor que hai tempo que reclamaba a atención dos críticos. Desde este traballo, Xesús Alonso Montero achéganos á súa nobre obra literaria e á súa biografía na terra, na guerra e no exilio, moi condicionada por acontecementos adversos, onde, nese longo período, o poeta mantivo sempre ergueita a súa dignidade e o seu compromiso cos ideais que abrazara de mozo.
Coa súa poética cantou a paisaxe e os froitos báquicos de Valdeorras, e desde a súa preocupación polo idioma tamén se debruzou sobre el para compoñer unha serie de sentidos poemas sociolingüísticos, insólitos no seu tempo, á vez que cultivou a sátira e os poemas elexíacos.
Unha vez máis, vida e literatura van de mans dadas.