- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2017
- ISBN:
- 978-84-9121-151-8
- Páginas:
- 184
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- ALTERNATIVAS
VERSOS DUN FISTOR REPUBLICANO, MARXISTA, ATEO E UN POUCO EPICÚREO
(ANTOLOXÍA: 1963-2016)
ALONSO MONTERO, XESÚS
Neste libro de poemas, antoloxía da produción lírica de Xesús Alonso Montero desde 1963 ata 2016, o autor exerce de «fistor», de «vate popular», pero elevando a poesía bebedora das fontes do cancioneiro popular de tradición oral á condición de literatura culta. As súas composicións, de temática variada, como o propio título indica, están escritas «desde a concepción que as clases subalternas teñen das cousas e da sociedade».
Versos antifascistas, versos contra a corrupción, o capitalismo e a monarquía, versos sobre lingua e literatura, versos de amizade e agradecemento, versos de homenaxe a republicanos exemplares, loas ao viño, á música e á rexouba, cántigas e cantigas... Todo isto e moito máis atoparemos nesta agardada compilación dos poemas de Xesús Alonso Montero, fistor letrado que, cando o ve necesario, utiliza con mestría o «alferrón cuestionador».