
- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2010
- ISBN:
- 978-84-9914-086-5
- Páginas:
- 136
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- POESIA
LAPIDARIAS
OS VERSOS ESCUROS
RODRÍGUEZ, DAVID
Coma un claroscuro de Caravaggio, estes «versos negros» revelan as ambigüidades das categorías de luz e sombra e constitúen unha reiteración do fóra de campo cinematográfico mediante o cal o que non está aparece. As fotografías que acompañan os textos atravesan o abismo que arreda ao individuo de todo o que está fóra del, e nun raro exorcismo iconográfico «externalizan» e dan forma á súa paisaxe interior. Os poemas de Lapidarias. Os versos escuros botan man ?mediante unha expresión mínima? das dualidades e elipses que debullan os oxímoros da existencia: a morte e a vida, a autodestrución e a redención, a linguaxe e o silencio, a corporeidade e a espiritualidade, a dor e o pracer, a violencia e o amor.