
- Editorial:
- OQO EDITORA
- Año de edición:
- 2008
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-9871-599-6
- Páginas:
- 40
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Colección O
OS SETE CABRITOS
ALONSO, TAREIXA
Había unha vez sete cabritos que vivían felices nunha cabana do bosque coa súa mamá; pero preto de alí roldaba un lobo feroz
Conto tradicional amplamente difundido e popularizado a partir da versión do clásico de Grimm. Trátase, xa que logo, de todo un referente dentro dos relatos infantís que vén para alimentar a imaxinación dos pequenos lectores e achega calidade ao panorama da literatura infantil actual.
Un conto que produce emocións intensas e unha historia para perder o medo aos «lobos feroces». Aquí, os máis pequenos, dunha forma simbólica, enfrontaranse con conflitos básicos como a ausencia da nai, o encontro con seres malvados ou circunstancias adversas,
e iso axudáraos a confiar neles mesmos e a avanzar no seu proceso de maduración persoal.
A renovada versión de Tareixa Alonso complétase coas particulares ilustracións de Teresa Lima, que nos presentan uns personaxes ben definidos e mais un lobo que non deixa de ter o seu atractivo.