- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2025
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-1110-618-4
- Páginas:
- 40
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- PEQUENO MERLIN
SEI CANTAR E SEI BAILAR
MEJUTO, EVA
Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar.Tocaremos coa pandeireteiras de Mens, cantaremos con Adolfina e Rosa Casás e bailaremos con Eva Castiñeiras para homenaxear a todas as mulleres anónimas que teceron, amaron e transmitiron a nosa música, poesía e cultura ao longo dos séculos. Elas todas son as homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025. O álbum, con texto de Eva Mejuto e ilustracións de Lucía Cobo, conta cun apéndice informativo e cunha web para achegarlle á rapazada, e traballar na aula, un petisco do amplo universo da poesía e da música tradicional galega: a de onte e a de hoxe.