- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2021
- Materia
- Fotografía
- ISBN:
- 978-84-9151-774-0
- Páginas:
- 148
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
TARACEA MARROQUÍ 1935
BLANCO AMOR, EDUARDO
Recóllense neste volume as reportaxes escritas desde diversas perspectivas, todas elas con interese e non exentas de actualidade, na brillante prosa blancoamoriana, de grande altura literaria. Van acompañadas de vinte e seis fotografías artísticas do propio autor que, como é sabido, nunca se separaba da súa cámara Voigtländer, sempre atento ás paisaxes neste caso urbanas e aos retratos psicolóxicos. Encargouse da presente edición Xosé Enrique Acuña, autor dun esclarecedor estudo que contextualiza e afonda nos traballos e as fotos de Blanco-Amor.
Iniciamos con este libro, a Deputación de Ourense, a Fundación Blanco-Amor e a Editorial Galaxia, a colección EB-A. Xornalismo e fotografía, que permitirá achegar celmentos froitos dun dos grandes das nosas letras.